O Concello de Lugo aproba o proxecto de urbanización da Esquina de San Roque obviando un recente informe do ICOMOS

En xaneiro de 2019 o Concello de Lugo aprobou unha modificación do planeamento urbanístico no quinteiro que fai a esquina da rúa San Roque co Carril das Flores-Camiño Primitivo- (designado como “quinteiro 214A” no Plan Especial de protección do Conxunto histórico de Lugo). Na  tramitación deste novo planeamento presentara alegacións a Delegación en Lugo do Colexio de Arquitectos de Galicia, e emitira varios informes a Delegación en España de ICOMOS, asociación internacional dedicada á protección e mellora de monumentos e sitios históricos. A intervención de ICOMOS resulta fundamental naquelas actuacións que afectan a bens declarados pola UNESCO como Patrimonio Mundial, como é neste caso o Camiño Primitivo e a Muralla Romana.

En decembro de 2019 o Foro do Camiño Primitivo, plataforma formada por máis dunha veintena de asociacións culturais de ámbito galego e asturiano, así como entidades e particulares interesados na protección desta ruta histórica, contactou con ICOMOS solicitando unha valoración rigorosa da incidencia do antedito planeamento sobre os bens patrimoniais inmediatos, petición reiterada en xullo de 2020.

A principios de 2021 iniciouse a tramitación do proxecto de urbanización do tramo do Camiño Primitivo ao que da fronte o quinteiro, presentado pola mercantil HIPÓLITO S.L.

O novo informe crítico ca actuación

En xullo de 2021, a raíz das actuacións realizadas dende o Foro do Camiño PrimitivoICOMOS España emitiu un novo e extenso informe que se pronuncia de forma moi desfavorable sobre o planeamento aprobado, reprochando a actitude pouco respectuosa co patrimonio cultural que caracterizou a evolución histórica da cidade de Lugo, e exemplificándoa no dito planeamento:

  • La ciudad de Lugo destaca de entre otras por ser una de las de mayor riqueza patrimonial. [….]  No obstante, el patrimonio cultural del que la ciudad dispone ha sido vapuleado en su totalidad a lo largo del tiempo y, en mayor medida, en la última mitad del siglo XX con un desarrollo urbanístico expansivo y sin escrúpulos que han mermado la riqueza cultural. Prueba de lo expuesto es la actuación urbanística que se somete a evaluación en el presente informe técnico”.

Se ben ICOMOS recoñece a necesidade de intervir neste ámbito da cidade, -algo que ninguén discute e o Foro do Camiño Primitivo tampouco, á vista do lamentable estado ao que chegaron as dez parcelas que conforman o quinteiro afectado, froito das actuacións especulativas dos propietarios e das malas decisións e/ou inacción dos responsables municipais que colaboraron nesta situación-, as conclusións do informe de ICOMOS non deixan lugar a dúbidas sobre a lesividade do planeamento aprobado para a esquina de San Roque:

  1.     “... trata de resolver, sin llegar a conseguirlo, una serie de problemas existentes no sólo en el ámbito de actuación propiamente dicho, sino en la trama urbana de la que forma parte. La propuesta aprobada enfatiza y acrecienta dichos problemas”.
  2. “…presenta aspectos confusos y poco definidos que debieran solventarse con una documentación más estudiada de la que ahora se carece, de modo muy especial y en referencia expresa, la documentación planimétrica. Faltan datos, cotas, secciones, planos de detalle, vistas, etc.
  3. “… se justifica en parámetros de edificabilidad poco o nada sostenibles a nivel edificatorio, y con escasa o nula la referencia al aspecto fundamental que no es otro que la protección del patrimonio o, en su defecto, la no alteración del mismo, situación ésta que no se da al establecerse un volumen edificado ficticio que se contrapone y altera a los elementos catalogados”.
  4.  “Las justificaciones presentadas, en especial aquellas que suponen una modificación del parcelario, estableciendo con ello un volumen edificable desproporcionado en relación al bien protegido, no tienen razón de ser si no se implica y deriva en el hecho que puede suponer que con ello se manifieste  la protección de los bienes del patrimonio cultural. […]
  5. “…no solo mantiene nexos de unión con elementos que ya de por si son una afrenta al patrimonio cultural, sino que les da continuidad acrecentando con ello las graves defi-ciencias existentes, en especial hacia el Camino de Santiago, como son la alteración de las rasantes originales, el falso túnel, etc.
  6. “…se define poco solidaria. No se ha tenido en consideración el problema de fondo y ha tratado de resolverse un problema propio con total independencia de la trama urbana y, más si cabe, sin consideración alguna o escasa hacia los elementos del patrimonio, buscando en gran medida un aprovechamiento lucrativo particular

Este recente informe de ICOMOS España remata cunhas “recomendacións” que destilan o mesmo ton crítico e reprobador, expoñendo a necesidade dunha nova ordenación para o quinteiro e a súa contorna, que teña por obxectivos principais a salvagarda e posta en valor dos bens patrimoniais afectados (Muralla e Camiño Primitivo) e a resolución dos problemas urbanísticos que conflúen neste punto da cidade (non a maximización do aproveitamento lucrativo da promotora, como acontece co planeamento aprobado en xaneiro de 2019).

Nesta liña, ICOMOS propón a ampliación do ámbito do planeamento aprobado, incorporando un tramo maior do Camiño Primitivo, co fin de posibilitar a recuperación, mediante un adecuado tratamento, do seu sentido e función peonil orixinal, xunto coa eliminación ou transformación da plataforma construída sobre o Camiño (plataforma de acceso ao supermercado próximo á esquina de San Roque desde a rúa Montero Ríos).
A súa vez, desvirtúa dous aspectos importantes da ordenación aprobada. O primeiro, a equiparación que o planeamento aprobado propón da altura das futuras edificacións coas alcanzadas polas edificacións próximas, recordando a existencia de múltiples alternativas para ocultar as medianeiras existentes sen ter que recorrer ao aumento do volume construído. O segundo, a modificación das rasantes e os accesos ás edificacións do Camiño Primitivo, recoñecendo a existencia de múltiples solucións que non impiden o desenvolvemento das construcións proxectadas mantendo a salvo a integridade do patrimonio cultural.

A confluencia de dous Patrimonios da Humanidade: o Camiño Primitivo e a Muralla romana

A fin de evitar que se vexa comprometido o mantemento das declaracións da UNESCO que recaen sobre a Muralla e o Camiño Primitivo, sería de esperar que o Concello de Lugo tomara debida conta do comentado informe de ICOMOS, revisando o planeamento aprobado para a esquina de San Roque, corrixindo todas e cada unha das deficiencias sinaladas nel e seguindo escrupulosamente as súas recomendacións. Lembremos tamén que sobre a aprobación de dito planeamento pende un recurso contencioso-administrativo, o que aconsellaría ao Concello, máis se cabe, a actuar con prudencia.

Sen embargo, as últimas actuacións municipais distan de aparentar unha actuación prudente ou responsable. En efecto, o acordo da Xunta de Goberno Local, adoptado o pasado 6 de outubro, aprobando definitivamente o proxecto de urbanización da esquina de San Roque constitúe un exemplo máis na liña de actuación política de “sostenella y no enmendalla”. Como noutros casos aínda vivos na memoria da cidadanía luguesa (Garañón,….), logo a culpa será doutros.

Máis alá de calquera consideración legal, resulta incomprensible que nun punto tan sensible da cidade, cun patrimonio tan valioso en xogo, non haxa unha maior implicación pública, que tome a iniciativa e defina os obxectivos e parámetros que deben de guiar a súa ordenación. Nada máis afastado do que fan outras cidades con riqueza patrimonial mesmo inferior á de Lugo, pero cuxos gobernantes, máis concienciados e responsables, asumen o mando do proceso, convocando concursos de proxectos que aseguran a calidade das propostas e, en definitiva, a materialización de actuacións positivas para o legado patrimonial da cidade ás xeracións vindeiras. Nesto, como noutras cousas, e por moita propaganda que se difunda dende o Consistorio, … Lugo segue á cola.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: