ADEGA e Narón alertan sobre a expansión dunha planta invasora na Costa Ártabra

ADEGA-Ferrolterra, xunto co Concello de Narón, por medio do seu concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, vñeen de denunciar diante da Consellaría de Medio Ambiente a expsansión descontrolada que está experimentando unha planta exótica invasora na Costa Ártabra, nomeadamente no municipio de Narón. Trátase da especie Helicrisum petiolare.

Desde ADEGA e o concello de Narón denuncian a situación de abandono que sofre a ZEC Costa Ártabra por parte da Xunta de Galiza, e lembran que este espazo natural único forma parte da Rede Natura 2000 e con numerosas figuras de protección.

Solicitan á Conselleria de Medio Ambiente da Xunta de Galiza que faga un estudo de control e erradicación desta planta invasora para mitigan no posíbel o seu impacto sobre os hábitats e especies vexetais e animais protexidas nesta Zona de Especial Conservación. 

O impacto negativo das EEI

Segundo o Ministerio de Transición Ecolóxica unha especie exótica invasora é aquela que se introduce ou establece nun ecosistema ou hábitat natural ou semi-natural, e que é un axente de cambio e ameaza para a diversidade biolóxica nativa, ben sexa polo seu comportamento invasor, ou polo risco de contaminación xenética.

Estas especies poden chegar a través das redes de comunicación de xeito accidental, artificialmente, ou de xeito intencionado, e despois dun tempo as invasoras adáptanse ao territorio. En consecuencia, moitas das especies locais non poden competir coas exóticas invasoras e poden acabar desaparecendo. 

As especies invasoras tamén teñen fortes impactos na economía, como por exemplo na agricultura, ademais de destruír habitats e ecosistemas nativos, intensifican a erosión, desprazan especies autóctonas, transmiten enfermidades infecciosas e aumentan a perda ou extinción das especies locais, entre outros efectos.

Controlar a invasión e reparar os danos sufridos por estas especies pode supor arredor duns 12 mil millóns de € anuais só na UE.

Nun contexto no que o cambio climático avanza a grandes pasos e onde as vías de comunicación están todas interconectadas, cada vez aterran no noso territorio máis novas especies alóctonas que supoñen un grave perigo para as especies autóctonas, xa que, son máis fráxiles e teñen menor capacidade de adaptación para facer fronte a estas novas habitantes. Esta problemática é aínda máis acuciante nos espazos de Rede Natura 2000 ou nos ecosistemas máis vulnerábeis.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s