En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Ames.
O obxectivo principal deste curso é formar a profesionais nos diferentes procesos e técnicas de compostaxe, coñecer e determinar a calidade do compost e os seus usos e manexar os composteiros domésticos e comunitarios.
Ten unha duración de 100 horas presenciais, tanto teóricas como prácticas orientadas a controlar todos os aspectos dos proxectos de compostaxe descentralizada e xestión sustentable dos residuos. Dará comezo o 9 de maio ata o 7 de xuño en horario de mañá.
A formación é de balde e está destinada a persoas desempregadas. As prazas son limitadas e realizarase unha selección previa.
Ao finalizar o curso, as persoas participantes que o superen recibirán un certificado, así como asesoramento e orientación na procura de emprego.
Inscricións ata o 4 de maio ás 14:00 h.
. Inscrición
Máis información en:
. compostaxe@adega.gal
628378804
Apúntate ao curso e difunde!
Este proxecto foi cofinanciado pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa empleaverde, iniciativa para o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.
