Ecoloxistas continúan a súa loita contra a autovía a-54

Esta infraestrutura parte o LIC Serra do Careón e afecta a dúas plantas en perigo de extinción. – Un representante da Federación Ecoloxista Galega (FEG) levará a Bruxelas a oposición deste colectivo ao trazado da autovía A-54 entre Arzúa e Palas de Rei. Esta infraestrutura afecta á área de maior valor biolóxico do LIC Serra…

Barcos á rotonda? Medre o mar!

De Verdegaia queremos manifestar o noso apoio á veciñanza e colectivos que están a deter as obras de instalación dun barco nunha rotonda do barrio vigués de Coia. Dúas son as razóns argumentadas para tomar esta acción: o seu custe económico e o maltrato a un ben cultural como é un barco de altura con…

Xornadas sobre alimentación ecolóxica: Sabemos o que comemos?

Sabemos realmente o que comemos? Quen controla a produción e comercialización dos alimentos? Deixamos a alimentación humana nas mans das empresas agroquímicas ou queremos ser nós os protagonistas e comer sano sen danar á terra? Museo do Pobo Galego, 12 e 13 de decembro de 2014 ENTRADA DE BALDE Programa Venres 12 de decembro 16:00…

Defender o ambiente non é delito

O vindeiro 4 de decembro iníciase en Valencia o xuízo contra 16 membros de Greenpeace e un foto-xornalista independente. A fiscalía solicita penas de ata dous anos e 8 meses de cárcere polo “delito” de protestar pacificamente contra a intención do goberno de non pechar a central nuclear de Cofrentes (Valencia). Esta central nuclear engade…

O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto

Da área de Educación Ambiental e Xustiza Social de Verdegaia retomamos o noso traballo sobre o currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto, desta volta en colaboración co sindicato de ensino STEG. Neste sentido temos publicado un artigo sobre esta cuestión no último número da súa revista, Aulas Libres, que podedes ler na ligazón indicada…

ADEGA insta aos grupos parlamentarios a mollarse pola Cova de Eirós

Representantes de ADEGA entrevistáronse o pasado luns cos diferentes grupos políticos do Parlamento Galego para expoñer a situación de risco pola que está a atravesar a Cova de Eirós de Triacastela, logo de que Cementos Cosmos eliminase a capa de solo e de material xeolóxico que protexía a planta da cavidade. Adela Figueroa e Fins…

O Concello de Triacastela anula a licencia municipal a Cementos Cosmos

O Concello de Triacastela ven de comunicar a varios dos colectivos integrados en ContraMINAcción que interpuxeran recursos de reposición contra a polémica licenza municipal outorgada a Cementos Cosmos en dito concello no pasado día 1 de agosto, a desestimación dos mesmos por estar xa anulada dita licenza. En dita resolución, o Concello de Triacastela desestima…

Solidariedade cos activistas de Greenpeace brutalmente abordados polo exército español

Comunicado conxunto dos grupos ecoloxistas Condenamos de forma unánime e contundente a inxustificábel e cruenta agresión sufrida por activistas de Greenpeace nunha protesta pacífica contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en Canarias O Goberno no só pregouse aos intereses da multinacional REPSOL en contra dos/as que defendemos os intereses da maioría social e do medio…