A Xunta e o concello das Pontes teiman en que ENDESA siga a contaminar

Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización…. Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen ter que aturar a contaminación no seu territorio, consomen a electricidade. As térmicas de carbón en Galiza emitían en 2018 máis de 10 millóns de toneladas de GEIs…

Vaipolorío denuncia unha corta indiscriminada de vexetación ripícola no río Toxal

Vaipolorío puxo en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda de Pontevedra o seguinte: O río Toxal (Gafos) ao seu paso pola parroquia de Bértola no Concello de Vilaboa, o carón dun poste de tendido eléctrico coa identificación UNIÓN FENOSA distribución levouse a cabo unha corta indiscriminada de vexetación ripícola en ambas…

Desecación dunha lagoa na praia de Lourido por unha pala metálica

Este pasado venres, día 6 de decembro, temos observado na praia de Lourido (Poio) unha actuación sobre o medio que non nos pode deixar indiferentes e que, polo que puidemos coñecer, tense feito xa en anos anteriores. Na parte posterior da praia, sobre a zona de vexetación alí existente, fórmase todos os invernos unha pequena…

ADEGA manifesta o seu apoio ao Cumio Social polo Clima

Do 7 ao 13 de decembro terá lugar en Madrid o Cumio Social polo Clima,  un espazo de encontro que se vai a desenvolver en paralelo á Conferencia das Nacións Unidas contra o Cambio Climático, a COP25. A súa vez nestas mesmas datas realizaranse en Chile o Cumio dos Pobos e o Cumio Social pola…

A Confederación Hidrográfica abre dous novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen autorización

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido estes días novas comunicacións da Confederación, dando conta da apertura de novos expedientes sancionadores contra o Concello de Ponteareas polos verquidos de augas residuais sen depurar desde a depuradora de Ponteareas ata o espazo protexido Río Tea. Estes expedientes súmanse aos outros moitos que xa abriu a administración central…

14-D e 18-X: As Brigadas voltan a Ferrol

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados no monte do Calexón (Valón), no que o 8 de xuño as brigadas fixeran unha actuación deseucaliptizadora de emerxencia. Actualmente fan falla dúas xornadas moi relacionadas: 14 DE DECEMBRO Preparación do terreo para nunha posterior xornada en xaneiro plantar as especies autóctonas. O…

Depuradora de mexillón en castiñeiras; un cúmulo de irregularidades

Despois de varios meses de reiterar unha e outra vez a nosa solicitude de información en relación á instalación dunha depuradora de mexillón no porto de Castiñeiras (Ribeira), por fin conseguimos que Portos de Galicia nos enviase a documentación do expediente dese proxecto. Non así o Concello de Ribeira, de quen seguimos agardando a chamada…

Resultados do Informe Anual 2018 do Proxecto Ríos

En 2018 o voluntariado do Proxecto Ríos determinou que o 36% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; en outono foron o 37% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 41% en primavera; 33% en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes:…

Verdegaia únese á mobilización polo clima coas brigadas deseucaliptizadoras

O sábado 28 de setembro as Brigadas deseucaliptizadoras de Verdegaia únense á Mobilización Global polo Clima colocando en destaque a necesidade de actuar de inmediato e con urxencia frente á crise climática. Farémolo recuperando unha turbeira drenada polos Servizos Forestais nos anos 1970 na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame) e eliminando eucaliptos…