Graves irregularidades na EDAR de Ribeira

Denunciamos a existencia de vertidos sistemáticos de augas industriais do polígono de Xarás á rede de saneamento urbana da EDAR de Ribeira. Verdegaia vén de ter acceso á auditoría realizada por Adantia1, en relación ao funcionamento desa instalación. Nel aparecen recollidas numerosas eivas que non parecen moi razoables nunha infraestrutura que leva tan pouco tempo…

Fitos de ADEGA en 2019. Únete a nós!

O 2019 foi un ano da conclusión exitosa dalgunhas das accións iniciadas por ADEGA, en solitario ou en colectivo, no ámbito xudicial e administrativo, como a declaración de Cova Eirós como BIC. Pero tamén destaca a paralización das obras do Parque Eólico Serra do Iribio, no espazo natural protexido como Rede Natura Ancares-Courel, a súa…

Sociedade Galega de Historia Natural e Hábitat Protexen a Praia de Sada

Para rematar o ano 2019, queríamos facer algo especial. Lévamos ata o de agora 7025 m2 de espazos protexidos polas doazóns das accións realizadas con Hábitat Protexe e das cotas dos nosos socios e gustaríanos CHEGAR Á HECTÁREA CONSERVADA este ano. Por iso, iremos o domingo, 29 de decembro do 2019 de 10:30h a 13:30h,…

“29-D: Roga “San Silvestre” en Froxán. Eliminamos especies exóticas invasoras na última do ano

As Brigadas deseucaliptizadoras queren acabar este ano deseucaliptizador cunha última xornada de eliminación de especies exóticas invasoras que levaremos a cabo o domingo 29 de decembro na Área Conservada pola Comunidade Local de Froxán, en Lousame, recoñecida como ICCA (Indigenous and Community Conserved Areas) polo programa das Nacións Unidas para o Ambiente. Na roga utilizaremos machadas, motoserras e desbrozadoras para…

Carta aberta a Agustín Nogueira

Sr. Nogueira, veño de ler o seu escrito “ENCE… y sr Masa” publicado o pasado día 15 nalgún medio de comunicación e debo recoñecer que -deixando de lado o seu dubidoso estilo e calidade literaria- tenme sorprendido; sorpréndeme a profundidade e sutileza do título, pero sorpréndenme máis algunha das afirmacións que verte no seu texto.Sorpréndeme,…

Resultados do CoruñAves, XI maratón ornitolóxica no concello da Coruña

O pasado domingo 15 de decembro celebramos novamente o CoruñAves: XI maratón ornitolóxica no Concello da Coruña que marca case o colofón ás actividades do grupo neste 2019. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que a pesares da meteoroloxía, cunha maña un tanto inestable, non fixo que os 30 participantes compartiran connosco…

Caso Pescanova: xuízo a un modelo corrupto e depredador

Na Audiencia Nacional española estase vendo o xuízo contra a cúpula da antiga Pescanova. Os dirixentes imputados non son os unicos responsábeis do buraco milmillonario, a corrupción e o branqueo. Á marxe dos espúreos manexos empresariais polos que está procesado o ex-presidente da antiga Pescanova Manuel Fernández de Sousa, (falseamento de contas, de información económica…

ADENCO festexa 30 anos de actividades micolóxicas coa presentación dunha revista conmemorativa

O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou este sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, coa presenza de numeroso público e representantes políticos da Comarca, 30 anos de actividades micolóxicas continuadas. O acto foi conducido por Alejandro Mínguez, periodista e divulgador micolóxico de Celanova, membro dunha familia de afeccionados á micoloxía moi coñecidos en Ourense,…

A COP25, un novo fracaso na loita contra o Cambio Climático

O pasado venres 13 de decembro finalizou a vixésimoquinta Conferencia das Partes (COP, das súas siglas en inglés), o órgano supremo de toma de decisións en materia de mitigación e de redución dos efectos do cambio climático da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC) que se reúne cada ano desde hai 25…

A Xunta e o concello das Pontes teiman en que ENDESA siga a contaminar

Galiza soporta unha contaminación moi por riba do que lle cadraría por superficie xeográfica, poboación, grao de industrialización…. Mentres, outras partes do Estado son privilexiadas porque sen ter que aturar a contaminación no seu territorio, consomen a electricidade. As térmicas de carbón en Galiza emitían en 2018 máis de 10 millóns de toneladas de GEIs…

Vaipolorío denuncia unha corta indiscriminada de vexetación ripícola no río Toxal

Vaipolorío puxo en coñecemento da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda de Pontevedra o seguinte: O río Toxal (Gafos) ao seu paso pola parroquia de Bértola no Concello de Vilaboa, o carón dun poste de tendido eléctrico coa identificación UNIÓN FENOSA distribución levouse a cabo unha corta indiscriminada de vexetación ripícola en ambas…