En declaracións feitas a El Correo Gallego, o xerente de Augas de Galicia indicou que “es mejor que los alivios industriales vayan a la depuradora que se viertan directamente al mar”. Con estas palabras, Gonzalo Mosqueira vén recoñecer que está de acordo coa decisión de desviar á rede de colectores urbanos os vertidos industriais. Interior…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Sábado 25 de xaneiro: Xornada de voluntariado no Monte da Fraga
Para comezar coas actuacións de custodia no Monte da Fraga en 2020 organizamos esta actividade de voluntariado, que consiste nunha plantación de loureiros no borde superior da ladeira coa intención de facer un filtro verde. Esta plantación comezou o curso pasado e este ano darémoslle continuidade. Participa activamente na recuperación dun espazo, estes terreos pertencentes…
Posta en marcha do proxecto VIRADA, unha importante iniciativa para a conservación dos cetáceos e a sustentabilidade da actividade pesqueira
A principal ameaza para a conservación dos cetáceos é a mortalidade por captura accidental en artes de pesca. La toniña desaparecerá das aguas ibéricas por esta causa antes de 20 anos. A CEMMA pon en marcha este proxecto, xunto coa OPPF-4, contando coa cofinanciación d FEMP a través da Fundación Biodiversidad. O traballo realizarase ao…
ContraMINAcción rexeita a “Lei de prevaricación” ambiental”
O goberno de Feijoo vén de anunciar o inicio dos trámites para aprobar a segunda parte da Lei de Depredación de Galicia, que denomina en neolingua, “Lei de avaliación ambiental de Galicia”. Compostela, 18 de xaneiro de 2020.- Ao mais puro estilo Tahoces en materia de transparencia, a Xunta liquidou o trámite de consulta pública previa…
ADEGA Vigo súmase ao manifesto en contra da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos
O proxecto da cidade deportiva do Celta de Vigo en Mos ten previsto expropiar 864.000 metros cadrados de monte, dos cales a metade corresponden a monte en man común. O fin último desta expropiación é ceder os terreos ao presidente do Club Celta de Vigo, quen construirá un centro comercial de 120.000 metros cadrados, alén…
Caza indiscriminada do raposo en Triacastela, pese a ser o depredador natural da rata-toupe
ADEGA vén de solicitar ante a Consellaría de Medio Ambiente e a Consellaría de Medio Rural a suspensión inmediata do Campionato galego de caza do raposo que, previsiblemente, se celebrará este sábado, 18 de xaneiro, nos concellos lucenses de Láncara e Triacastela. ADEGA denuncia unha vez máis que este tipo de actos anacrónicos, crueis e…
Plantación de autóctonas en Ferrol o 18 de Xaneiro
As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para…
Eliminación de flora exótica invasora en Fisterra polo Día dos Humidais
O sábado 1 de febreiro de 2020 desenvolverase unha acción de voluntariado ambiental para continuar coa loita contra as especies invasoras nas microrreservas de Fisterra. Convocamos ao voluntariado ambiental a participar nesta iniciativa e a coñecer este espazo de Fisterra cun elevado valor ambiental e diversidade botánica. A actividade será na praia do Rostro e actuarase…
A Fiscalía de Medio Ambiente do TSXG traslada ao xulgado dúas denuncias contra a mina de Touro-O Pino
Nunha recente entrevista co Fiscal delegado de Medio Ambiente e Incendios Álvaro García Ortiz, este confirmou que as informacións achegadas polos colectivos opostos ao proxecto mineiro de Touro e O Pino, xa deron lugar a dúas denuncias contra EXPLOTACIONES GALLEGAS SL e TRATAMIENTOS ECOLÓGICOS DEL NOROESTE (TEN) SL. A primeira denuncia presentada pola Fiscalía no…
Deseucaliptizamos Coruxo o 11 e Valón o 18
ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PLANTACIÓN DE NATIVAS Chegaron as dúas primeiras convocatorias das Brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia para 2020. Están previstas para Coruxo, no concello de Vigo, para o sábado 11 de xaneiro; e en Valón, concello de Ferrol, para o sábado 18. Animamos á xente a non demorar en apuntarse, pois as prazas…
Valoración da APDR do acordo entre BNG e PSOE no tema de ENCE
Diante do acordo establecido o pasado 3 de xaneiro entre o BNG e o PSOE no marco do proceso de investidura do Presidente Sánchez, a Xunta Directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa valoración verbo do recollido no amentado acordo respecto ás medidas contempladas para afrontar o saneamento…
Grazas por este ano 2019!
Este 2019 o Grupo Naturalista Hábitat celebramos o noso 40 aniversario, un ano cheo de bos recordos e lembranzas, rodeados de todos vós, que nos acompañades actividade tras actividade, sempre dando folgos para seguir traballando en prol da divulgación e protección do medio natural galego. Este ano, coa inestimable axuda dos nosos socios e colaboradores,…