Entre os informes sectoriais que figuran no expediente do proxecto mineiro de Touro, está o remitido polo IGME (Instituto Geológico y Minero de España). O ente estatal avaliou tanto a memoria do proxecto como o plano de restauración e o estudo de impacto ambiental. Aliás das consideracións xeolóxico-técnicas sobre o xacemento (características xeolóxicas, hidroloxía, recursos…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Calzoa e da Foz como praias caninas polos seus valores naturais
A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Foz e da Calzoa como praias caninas, o vindeiro domingo 17 de xuño ás 12 h. no aparcadoiro da praia da Calzoa, baixo os lemas “Canina si mais non aquí” e “As aves da Calzoa tamén teñen dereitos”….
Informes sectoriais da Xunta subliñan graves riscos para a saúde e o ambiente do chafalleiro proxecto de Touro
Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento… incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal… e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta nos seus informes sectoriais ao proxecto mineiro de Touro, e que vimos de coñecer. En consecuencia, Industria (o órgano substantivo) debería rexeitar…
Augas de Galiza confirma a contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro-O Pino
En resposta a unha solicitude de información ambiental cursada por ADEGA o 9 de abril e dirixida a Augas de Galiza, solicitando coñecer as analíticas de augas realizadas nos puntos de control de vertidos, de aforo, de calidade das augas, captacións etc. na contorna da antiga mina de Touro, Augas de Galiza respostou achegando numerosos…
Aberto o prazo para solicitar composteiros domésticos para as vivendas de Figueiras e Grixoa en Compostela
A condición para participar é ter unha horta ou xardín onde instalar o composteiro, comprometerse a asistir a un curso e facilitar as visitas porta a porta para resolver dúbidas e observar o correcto funcionamento do proceso durante os 7-8 primeiros meses. Esta é unha razón pola que se fai o reparto de composteiros por…
Mobilidade urbana alternativa
Verdegaia ven de participar n’A Pedaliña, feira da bicicleta en Vigo, cun posto no que mediante elementos gráficos amosábamos unha forma alternativa de mobilidade urbana. Este tipo de eventos non deben reducirse a unha simple celebración, senón que deben servir para que a cidadanía tome consciencia dun tipo de mobilidade diferente que non se centre…
Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame
A Xunta vén de denegar a autorización ambiental do macro-vertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia. A D. X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto por “causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente”, “contradicir o principio de promover a…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés solicita mellores medidas de protección para as illas de Cortegada e Sálvora
Esta semana o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentou suxestións ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas para solicitar unha maior protección da fauna, da flora e dos fondos mariños, sobre todo das illas arousáns de Sálvora e Cortegada O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia…
ADEGA-Vigo alega na defensa das últimas carballeiras da cidade
A delegación de ADEGA en Vigo vén de presentar, xunto coa veciñanza do barrio de Navia, alegacións ante a segunda modificación do plan parcial de ampliación urbanística de San Paio de Navia, plan que supón a eliminación dunha das últimas carballeiras da cidade de Vigo. Esta nova modificación pretende dar luz verde á construción de…
Custodiando o Sobreiral do Arnego
ADEGA recibíu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións estanse a desenvolver na parcela A Zarra da Pena na contorna do río Arnego. No marco do proxecto,…
Balance trampeo v.velutina no río Gafos
No día de onte 14 de maio a Asociación Vaipolorío retirou as trampas de Vespa asiática ou vespa velutina do río Gafos despois de dous meses experimentais para procurar capturar as raiñas que segundo os expertos son as que convén apresar antes ou mentres fan os niños primarios. O número de velutinas atrapadas foi bastante significativo (27 EXEMPLARES) nun detrimento…
Verdegaia esixe a aprobación do PRUX á altura dun Parque Nacional
Verdegaia presentou alegacións ao plan esixindo cambios no PRUX de cara a garantir a conservación dos valores naturais, xa que o documento exposto ao público non garante a debida conservación dos valores naturais. Agora tamén facemos nosa a postura das persoas representantes das Asociacións Ecoloxistas no Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas…