Balance da campaña de limpeza do río Gafos 2018

Nº DE XORNADAS: 5 (29 de xullo, 5, 12, 19, e 26 de agosto) KG DE LIXO RETIRADOS: 780 aprox. VOLUNTARI@S PARTICIPANTES: 1ª XORNADA: 12 2ª XORNADA: 19 3ª XORNADA: 20 4ª XORNADA: 10 5ª XORNADA: 25   Do lixo retirado un 80% diferentes plásticos, unha parte importarte corresponde ao que se atopa sedimentado no…

Para o AVE non vale todo: abonda de verteduras ao Támega!

Manifesto en defensa do río Támega: abonda xa de verteduras! Cinco anos, cinco longos anos, son os que leva o río Támega a través das súas afluentes Cabras e  Cereixo, soportando agresións, sufrindo verquidos de metais pesados unha e outra vez. Quizais fomos unhas ilusas cando en xuño de 2013 pensamos que aquilo era puntual,…

O desvío de visitantes desde Cíes provoca a masificación de Ons

A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800…

29 de xullo: o principio do fín do complexo ence-elnosa

Sen deixar de manter a necesaria cautela, e agardando que a Dirección Xeral de Costas decrete a caducidade da concesión de ELNOSA o próximo 29 de xullo, a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) felicítase pola noticia de que ELNOSA pechará a súa actividade en Lourizán nesa data, dando por feito que non conseguirá prorrogar…

O Parlamento Europeo insta a realización dunha investigación da vulneración xeralizada da normativa europea nas Minas de San Finx

Na tarde de hoxe a Comisión de Peticións do Parlamento Europeu avaliou novamente a queixa formulada en xaneiro de 2017 pola Asociación Petón do Lobo, integrada nas plataformas “ContraMINAcción” e “Vida e Ría ou Minaría”, por vulneración de diversas directivas europeas na explotación mineira de volframio e estaño de San Finx, en Lousame (A Coruña)….

Tres fraudulentos parques eólicos ameazan flora endémica en perigo de extinción

Greenalia Power (antes Kakekias Eólica) presentou 3 proxectos de parques eólicos (Campelo, Bustelo e Monte Toural) de 42, 46,2 e 21 MW respeitivamente, nunha mesma área xeográfica arredor do Monte Castelo e a lagoa de Alcaián, nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. Endemismos galegos únicos no mundo, en perigo As instalacións destes…