O vindeiro domingo 21 de outubro do 2018 realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), un roteiro de divulgación ambiental, organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat, empregando unha técnica, chamada Bioblitz, que consiste na procura do maior número de especies de flora e fauna, da…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade
As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron o pasado 17 de setembro varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións do Departamento de Patrimonio Cultural, da Consellaría de Cultura, da Xunta de Galicia que poderían ser constitutivas de delito. Unha destas denuncias fai referencia á destrución do Castro de Trinidade-Flores, situado entre os concellos de…
Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal
Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador… Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao texto da primeira revisión do novo Plano Forestal do PP-ENCE. Dende o ponto de vista ambiental, o texto presentado pola Xunte e a exposición pública até o vindeiro venres…
Encontro de Activistas en Antas de Ulla
Como saberedes, na pasada fin de semana celebramos o noso encontro de activistas. Este ano decidimos convidar xente doutros grupos cos que estamos a colaborar en rede, por estar na nosa propia natureza ese xeito de facer as cousas e porque entendemos que as redes non só se fan no traballo e na comunicación a…
Cónica da xornada participativa sobre a compostaxe en Allariz
O pasado martes 25 de setembro celebramos en Allariz un encontro arredor da compostaxe e a reciclaxe, no que participou veciñanza, persoal do concello, agricultores e incluso persoas doutros concellos interesadas no tema. A primeira intervención foi de Bernardo Varela concelleiro de Medio Ambiente onde explicou o funcionamento do proxecto de compostaxe comunitaria, compostaxe doméstica…
ADENCO presenta novas denuncias por verquidos de augas residuais ao río Tea no Concello de Ponteareas
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de presentar novas denuncias por verquidos de augas residuais sen depurar por parte do Concello de Ponteareas ao río Tea. Concretamente, os feitos ocorreron o pasado cinco de setembro, a través do aliviadoiro da depuradora municipal. Trátase dun verquido directo sen ningún tipo de tratamento. Son augas contaminadas que se…
Xornada de erradicación e control da “Herva da Pampa” no río Tomeza (Gafos)
OBXETIVOS PREVENTIVOS : ELIMINACIÓN DOS “PLUMEIROS” para impedir que se espallen as sementes e den lugar a novos exemplares. ARRINCADO DE EXEMPLARES NOVOS, xa que resulta doado e reduce gastos e esforzos. SÁBADO 15 DE SETEMBRO DO 2018 SAÍDA ÁS 10H DIANTE DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE PONTEVEDRA Organiza Vaipolorío, Colabora Ticket2Europe,Asociación de acollida do Servicio…
As Brigadas Deseucaliptizadoras celebrarán o Día Europeo das Comunidades Sustentábeis no Monte de Froxán, Lousame
O día 22 de setembro celebramos o Día Europeo das Comunidades Sustentábeis, que procura pór en destaque as iniciativas locais de todo o continente que fan frente ao cambio climático e á crise ecolóxica1. As Brigadas deseucaliptizadoras xunto coa Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e a Sociedade Histórica e Cultural Coluna…
A ILP do bosque e a mina de Touro, en CERNA 79!
Nun momento no que se está a debater sobre o futuro modelo forestal de Galiza e dos seus montes, a través da primeira revisión do Plan Forestal Galego, Cerna 79 recolle a valoración que fan da campaña da ILP na defensa do bosque autóctono as entidades promotoras desta iniciativa lexislativa, que promove o deseño dunha…
A Confederación propón unha multa de 26.000 euros ao Concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora
O Grupo Ecoloxista ADENCO acaba de recibir notificación da proposta de sanción da Confederación Hidrográfica Miño-Sil ao concello de Ponteareas polos verquidos da depuradora ao espazo protexido río Tea, denunciados no seu momento pola entidade ecoloxista do Condado e que supuxeron a apertura dun expediente sancionador ao concello. Na resolución, a Confederación constata a realización…
O Plan Revitaliza permitirá ao concello de As Neves compostar todo o lixo orgánico da veciñanza no 2019
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019. No día de hoxe o vicepresidente César Mosquera, o alcalde Xosé Manuel Rodríguez, e a presidenta da asociación ecoloxista Adega, Virxinia…
Verdegaia solicita a intervención da Demarcación de Costas no regato de Listres (Ribeira)
Desde hai algún tempo véñense producindo na desembocadura do regato de Listres, situada entre as parroquias de Castiñeiras e Aguiño (ambas pertencentes ao concello de Ribeira) problemas de diversa índole que desde Verdegaia consideramos que precisan dunha intervención urxente. Este regato, que é estacional (no verán con frecuencia baixa seco) e cunha desembocadura de curso…