A vindeira fin de semana celébrase o “Día mundial das aves“, momento no cal diferentes entidades organizan actividades para a posta en valor deste fermoso grupo faunístico. Como no podería ser doutro xeito, dende o G.N.Hábitat conmemoraremos un ano máis esta data, organizando unha actividade dirixida a informar e axudar a identificar as aves presentes…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Presentadas no Parlamento Europeo novas preguntas de ADENCO en relación coas sendas no LIC Río Tea
No día de onte presentáronse no Parlamento Europeo dúas novas preguntas impulsadas polo Grupo Ecoloxista ADENCO en relación cos impactos provocados polas sendas realizadas no LIC Río Tea e que afectaron dramaticamente ao espazo protexido e a un castro catalogado. Concretamente, ADENCO pregunta no Parlamento Europeo nesta ocasión sobre as actuacións da Comisión e sobre…
Máis de 600 persoas retiran 13 toneladas de lixo dos ríos galegos
Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos…). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, altofalantes, baterías de…
Eliminación de EEI no río Limia
A actuación conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas. Os traballos de eliminación no río Limia foron unha continuación dos iniciados pola Delegación de Ourense da Dirección Xeral de Conservación da Natureza en 2014 sobre a Ludwigia grandiflora, especie acuática moi perigosa que está…
No que vai de ano SOGAMA gastou en incineración e vertido 468 millóns de € e só 0,09 en compostaxe
A incineradora de Cerceda e o modelo SOGAMA que apoia a Xunta baseado na incineración e o vertido dos residuos urbanos, é un perfecto exemplo de desbaldimento de recursos e de ruína para as arcas públicas. SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. No que vai de ano, e alén do gasto corrente, a…
Cos primeiros chuvascos, vertidos ao río Gafos
Vaipolorío ven de poñer en coñecemento do 112 (Emerxencias de Galicia) e Augas de Galicia os vertidos de varios pozos de rexistro do colector de augas fecais que están indo a parar directamente ao rio. Vaipolorío está a cumplir o acordo da Xunta Directiva do 31 de agosto onde se decidiu facer un seguimento especial…
Novo Tecor en Montederramo ameaza a conservación da aguia real
ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real (Aquila chrysaëtos), considerada en perigo de extinción. A área para a que se solictia a explotación cinexética…
A saramaganta, especie do ano 2015 na Reserva da Biosfera MCeTM
A saramaganta ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) é un anfibio da familia Salamandridae, endémico do noroeste da Península Ibérica, que foi escollida como Especie do Ano 2015 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM), grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos, da propia Reserva e do Grupo…
ADEGA denuncia o asfaltado dun aparcadoiro na contorna protexida da Igrexa de Trobo
No pasado mes de maio, o concello de Begonte levou a cabo as obras dun aparcadoiro na contorna da Igrexa de Trobo onde se atopan inventariados e catalogados un cemiterio e un cruceiro, ambos os dous próximos tamén a un castro, que contan cun perímetro de protección. Alén disto, as obras realizáronse en terreos catalogados…
Caducidade da concesión a ENCE: recurso da APDR contra a resolución de Costas
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) vén de presentar RECURSO DE REPOSICIÓN diante da Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente contra a resolución de Costas que propón a caducidade parcial da concesión outorgada a ENCE en xuño de 1958. No seu recurso, a APDR solicita como primeira medida, que se declare a nulidade…
Novo vertido nas Fragas do Eume
Verdegaia aponse ao vertido no río Sesín, afluente do río Eume, das augas da depuradora de Gunxel, no Concello da Capela. Mentres que a zona e o cauce afectados por esta vertedura forman parte do parque natural Fragas do Eume, o que supón poñer en risco o hábitat de especies protexidas como Woodwardia radicans, as…
O Valedor do Pobo require por terceira vez información á Consellería sobre a destrución do castro da Croa
O Grupo Ecoloxista ADENCO ten solicitado perante o Valedor do Pobo a súa actuación ante a falta de resposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no tocante aos avances no expediente aberto pola Consellería a partir dos impactos provocados no castro da Croa polas obras da senda do Tea en outono do ano…