G.N Hábitat parcicipa nas Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes

O vindeiro venres, 25 de novembro, o G.N.Hábitat participará nas “Xornadas de eco- deseño para paisaxes resilientes” que organiza a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega, co patrocinio da Deputación da Coruña. Unhas xornadas formativas dirixidas principalmente a profesionais que desenvolvan a súa actividade no eido do deseño, execución e xestión de espazos públicos, técnicos municipais…

ALCOA pide á Xunta poder contaminar máis pola guerra na Ucraína

A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de emisións de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na última Autorización Ambiental Integrada (AAI). Logo de que en 2015 a empresa substituira o fuel por gas…

Obradoiro de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna no Monte da Fraga

Este xoves, 17 de novembro, da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), realizaremos un novo taller de montaxe de caixas niño e refuxios de fauna. A xornada terá por obxectivo dar a coñecer a importancia destas estruturas elaboradas a prol da natureza, que posibilitan un espazo de acubillo e cría para diferentes especies animais. Estes…

O CES denuncia que o acceso a Areoso debe respectar a época de cría de aves

O Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) tamén quixo aportar por escrito propostas de mellora  aos  responsables da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ante a aprobación da regulación do uso público de Rúa e Os Guidoiros. No noso escrito fixemos fincapé nos seguintes aspectos: Neste senso cabe destacar a presenza de  fondos de Maërl…

ENCE: Excusatio non petita….

A “Asociación Pola Defensa da Ría” vén de celebrar cun debate público os 20 anos da condena a ENCE pola comisión dun delito tipificado como “delito ecolóxico”. Daquela, púidose probar que tanto ENCE como ELNOSA incumprían a lexislación de aplicación aos vertidos á Ría e ás emisións á atmosfera e, ademais, que como consecuencia deses…

ADEGA reclama a eliminación urxente do xacinto acuático nas praias e zonas húmidas

ADEGA alerta sobre unha incipiente expansión do xacinto acuático, unha planta exótica invasora que actualmente está a proliferar en numerosas praias das Rías Baixas, á vez que está a poñer en perigo as zonas húmidas galegas, como as lagoas das Cachadas, en Sanxenxo, ou o rego de Trabe en Culleredo. A asociación ecoloxista condena a introdución presuntamente deliberada de especies invasoras no medio natural…

Verde entre o negro: crónica dun encontro no Courel

Arredor dunhas vinte persoas xuntámonos o pasado sábado 22 de outubro en Froxán (Folgoso do Courel), na antiga taberna da Píntega. Houbo representación da comunidade de montes da propia aldea, ademais das de Vilamor e de Parada dos Montes. Tamén veciñas e veciños e persoas vinculadas dalgún modo ao Courel, así como socias e socios de Senda Nova, APDR, ADEGA e Verdegaia, colectivos que facemos parte da Federación Ecoloxista…

Xornada de presentacións con Senda Nova

Coa chegada do outono comeza unha nova tempada de actividades en Oza, un ano máis ponse andar unha nova edición da Escola Ambiental  Senda Nova Concello de Carballo, e tamén damos a benvida a unha nova xeira de actividades do Inverno Ancestral, que acada xa a VII edición. O vindeiro sábado 19 de novembro, no…

Prestige: 20 anos e moitas contas pendentes

Este ano cúmprense 20 dende que un petroleiro fendía e afundía perante nosas costas liberando a súa velenosa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia, unha historia que cadaquén conta como lle foi nela. Mais como lle foi á nosa natureza? Que cuestións fican pendentes 20…

A “APDR” presentou achegas á “Lei de Ordenación do Litoral” da Xunta

As nosas achegas baséanse no feito de que a ordenación e protección do litoral inscríbense nun marco estatal no que as comunidades autónomas só poden ditar normas adicionais que, sen entrar en contradición coa lexislación estatal, recollan medidas máis ríxidas na protección da costa e o territorio. No relativo aos bens de dominio público marítimo-terrestre, como…