Seguimento mediante fototrampeo do paso de lontras do encoro de Abegondo-Cecebre: aportacións ao uso da infraestrutura por parte da fauna

O rexistro de catro lontras mortas en apenas un ano (xaneiro 2017 – xaneiro 2018) evidenciou a existencia dun punto negro de atropelos para esta especie na estrada que bordea o encoro de Abegondo-Cecebre (AC-221). Esta situación desencadenou unha resposta, que tivo como resultado o establecemento dun paso inferior para vertebrados (paso de lontras) na zona…

A fábrica de ENCE e as augas do Lérez, unha nova burla

Baixo o réxime franquista, a fábrica de celulosa conseguía a concesión dun caudal máximo de 129.600 m3 diario de auga do Lérez para transformar as nosas árbores en pasta de papel; aportaba a cambio un novo perfume á comarca e coloracións nunca imaxinadas ás augas da Ría. Disque era o prezo a pagar polo progreso….

“Ti podes paralos!” acada o seu reto en 7 días: facer efectivas as paralizacións cautelares de Campelo e Bustelo

Hoxe é un día de celebración e de xúbilo para todas as organizacións, entidades, plataformas, e persoas particulares que coas súas achegas voluntarias contribuíron a facer posible a paralización efectiva dos parques eólicos Campelo e Bustelo a través da campaña “Ti podes paralos!”. Dous días despois de ter ingresado o depósito de caución para a paralización cautelar…

Xornadas Micolóxicas 2022 da Asociación Mocolóxica Coruñesa

Comprácenos anunciar a celebración dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Micolóxica Coruñesa, que contan un ano máis coa colaboración do G.N.Hábitat. Unha proposta que permitirá achegar o abraiante mundo dos cogomelos a toda a cidadanía, da man de expertos e compañeir@s da AMC. Diversos relatorios e exposicións micolóxicas terán cabida nesta ambiciosa iniciativa, que se…

A APDR denuncia novos vertidos ao Lérez: o conto de nunca acabar

Alertados por un asociado da APDR, achegámonos hoxe sábado 29 cando eran as 12:00 da mañá, até a marxe esquerda do río Lérez, para observar á altura do mercado de abastos, unha escena que por desgraza vense repetindo con demasiada frecuencia e que temos denunciado en infinidade de ocasións nos medios de comunicación e no…

Ultreia!: A paralización cautelar do Parque Eólico Campelo xa é efectiva!

ADEGA anuncia a berro de “Ultreia!” que a paralización cautelar do proxecto eólico Campelo de Greenalia vén de facerse efectiva, grazas á colaboración cidadá! Arestora, o total das achegas recibidas a través da campaña de recadación solidaria “Ti podes paralos!”, lanzada por ADEGA o pasado 21 de outubro, xa acada o importe de 13.492 euros! Polo tanto, ao teren sido superados…

As brigadas deseucaliptizadoras voltan ao Ribeiro o sábado 12 de Novembro

Pasada a vendima e governadas as bodegas, a Asociación Veciñal de Lentille convoca as brigadistas para lle arrearmos outra poderosa trabada ao asedio das mimosas na súa aldea. Desta volta concentraremos os esforzos en erradicarmos pequenos focos de invasión dentro da aldea e liberarmos camiños  e sendeiros veciñais e as súas marxes. Separaremos ramallada para a sua…

Pasarela sobre la duna de Sta. Cristina: Conflicto e impactos

A proposta da Xunta de Galicia de construir unha pasarela (peonil e ciclista), que comunicaría As Xubias e Santa Cristina, é de novo noticia de actualidade. Segundo recollen estes días varios medios de comunicación, os responsables autonómicos de Infraestructuras desta administración teñen previsto licitar o concurso do proxecto e da obra, de xeito conxunto, o vindeiro…

Máis de un milleiro de participantes na XI Limpeza Simultánea de Praias

Durante a pasada fin de semana (14 e 15 de Outubro), máis de 30 entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño. Nesta undécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, case unha tonelada de lixo dos nosos areais. Aínda…