Despois dun ano de ausencia debido á situación sanitaria, o vindeiro domingo, 12 de decembro do 2021, ven connosco a disfrutar dunha nova edición do CoruñAves. Consiste nunha actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, de ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Novo chanzo na carreira “PoPular” pola ilegalidade e a fraude
Temos visto as declaracións da senadora do PP, Pilar Rojo, a raíz da súa presentación no rexistro do Senado dunha pregunta sobre a adscrición á Autoridade Portuaria dos terreos de dominio público marítimo-terrestre que hoxe ocupa ENCE en Lourizán, e o certo é que aínda sabendo que se trata dunha estratexia que o PP está…
Día internacional dos Dereitos dos animais: Cada ano morren milleiros de animais en accidentes de tráfico
Cada 10 de decembro celébrase o Dia internacional dos Dereitos dos animais. Efeméride que promove reflectir sobre a relación entre o ser humano e os restantes animais que tantas veces implica explotación e maltrato. Este ano queremos recordar os innumerábeis animais non humanos que morren en accidentes de tráfico mentres son transportados das naves de…
Bosque de ribeira, contaminación, depuración e voluntariado, nun Encontro sobre coidado dos ríos na Coruña
ADEGA organizou o pasado 2 de decembro unha xornada formativa chamada “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas”, na que se contou coa presenza de diferentes oradores/as expertos/as no coidado sostíbel do estado e preservación dos ecosistemas fluviais. Este foro complementou as distintas xornadas de limpeza de ríos con voluntariado que realizou…
11D: No Día das Montañas, gran mobilización galega por unha moratoria eólica e efectiva
Con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro sábado, 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” apoiada en máis de 170 colectivos de toda Galiza, entre eles a Federación Ecoloxista Galega, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica. A Coordinadora “Eólica Así Non” escolle esta data polo seu…
BioDiversidade volve cos rapaces con altas capacidades
Ao longo deste mes de decembro, e un ano máis da man dos nenos e nenas vinculados a Latento (expertos en Altas Capacidades), celebraremos novas actividades no marco da nosa iniciativa BioDiversidade, coa que pretendemos acadar unha integración e participación activa no eido ambiental, a través da colaboración con diferentes colectivos da sociedade. Desta volta continuaremos…
Este xoves ADEGA celebra unha xornada de formación sobre o coidado dos ríos na cidade da Coruña
Coincidindo coa Semana do Voluntariado, ADEGA organiza o próximo xoves, 2 de decembro, na cidade da Coruña as xornadas “Preservación e coidado dos nosos ríos e regatos. Limpezas Ecolóxicas” abertas ao público xeral. O encontro ten como obxectivo divulgar a importancia dos nosos ríos e regatos, ao mesmo tempo que amosar como se poden preservar…
Novo vertido na Ría de Pontevedra
O pasado venres 19 tivemos noticia na APDR da presenza dun importante vertido á altura do varadoiro de Os Praceres; achegados ao lugar, e malia as dificultades para poder observar ben as súas características, polo seu aspecto semellaba que estamos diante dun vertido de pintura que, con seguridade, ten a súa orixe nos labores realizados…
A chantaxe da Xunta aos concellos da Mancomunidade do Barbanza para favorecer a SOGAMA e ECOEMBES
Medio Ambiente enviou cartas aos concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza que opera a planta de Lousame por supostos incumprimentos da normativa de residuos, exixindo melloras e cuestionando a viabilidade do sistema de recollida e compostaxe. Curiosamente, a consellaría esqueceu mencionar as ruinosas cifras de SOGAMA ocultando os reiterados incumprimentos legais que amosa o seu…
5+1 falsidades para branquear o eucalipto na actual moratoria
ADEGA vén de denunciar unha roza masiva de matogueira ben conservada, seguida poucos días despois dunha apertura de sucos destinados a plantar eucaliptos, no concello de Sobrado dos Monxes. Os sucos pasaban mesmo por un prado recentemente pastado contiguo á xa desaparecida matogueira. En abril, os produtores de madeira recoñecían que “se lles foi a…
A Organización galega de comunidades de montes denuncia o novo intento do Partido Popular de confiscarlle á veciñanza comuneira a titularidade dos montes veciñais
A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022. Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal…
Ecoloxistas e sector do mar da Arousa rexeitamos o novo intento da empresa de reabrir a mina de Touro
O 25/11/2019 a Xefatura Territorial da Consellería de economía, emprego e industria (CEEI) require á mercanti Explotacións Gallegas S.L. (EXGA) un proxecto integral de drenaxe da mina de cobre abandonada de Touro. O 02/03/2021 reitera o requerimento sen que se executara o proxecto temporal autorizado previamente (2018). Así, nestes 3 anos, esas augas contaminadas continuaron…