Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, Campaña de crowdfunding contra os megaproxectos eólicos

A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así. Esta campaña de crowdfunding pretende impulsar iniciativas xurídicas que sirvan para evitar un modelo baseado en megainstalacións; dará asistencia técnica…

Hábitat participa na 1ª Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

Do 29 de maio ao 6 de xuño terá lugar a 1º Semana Ibérica sobre Especies Invasoras (SIEI 2021), iniciativa organizada pola Red Portuguesa de Estudo e Gestão de Espécies Invasoras – Rede InvECO, e os proxectos LIFE STOP Cortaderia  e LIFE INVASAQUA, co obxectivo de poñer o foco nunhas das principais causas de perda…

Asina o manifesto “Salvemos o Macizo Central” contra o parque eólico de Rebordechao

Salvemos O Támega – ADEGA Monterrei publica este 23 de maio o manifesto “Salvemos O Macizo Central” co obxectivo de dar a coñecer, concienciar e denunciar publicamente a gravísima ameaza que o Parque Eólico de Rebordechao supón para o Macizo Central, o seu valiosísimo patrimonio natural e cultural, pasando polas posibles repercusións na saúde e a influencia negativa na economía…

O Grupo Ecoloxista ADENCO pon en marcha unha revista cultural

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén tirar do prélo unha nova publicación, concretamente unha revista cultural que pretende pór en valor o patrimonio da nosa comarca. A revista, en formato físico e electrónico, con versión extendida nas redes sociais, onde se ampliará o contido de cada número, tirando do fío de cada historia, estará a disposición…

5 de xuño: Mondariz Balneario brigadista

En Mondariz-Balneario seguimos botándonos ao monte. Na roga do sábado 5 de xuño, día mundial do ambiente, actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 xa fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos xestas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo….

Os megaparques eólicos son un golpe para a economía rural galega

O pasado 20 de Maio tivo lugar a terceira das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). O encontro centrouse sobre os impactos socioeconómicos dos macroproxectos eólicos e contou coa participación de Xavier Simón, responsable do Observatorio Eólico de…

Tala masiva de árbores no río Avia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil cos parabéns do Concello de Ribadavia está a perpetrar unha tala masiva de árbores no curso do río Avia á altura de A Quinza. As brigadas da Confederación teñen previsto continuar con estas labouras de “limpeza” ata a desembocadura no río Miño en ambas marxes, incluíndo o tramo urbán de Ribadavia….

O desenvolvemento eólico na Galiza centra o nº 84 da Revista Cerna

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentamos o número 84 da Revista Cerna, a publicación sobre ecoloxía e medio ambiente en Galiza. Ante o actual modelo de implantación de parques eólicos no noso territorio, o experto en enerxía Ramón Varela, analiza as potencialidades e riscos do seu desenvolvemento mariño e damos voz…