IX promoción Escola de Naturalistas. Piornedo, beleza ao natural.

Continuamos coa IX Promoción da Escola de Naturalistas unha das nosas iniciativas de formación ambiental máis completas, na que os seus novos integrantes compartirán experiencias e aprenderán sobre as diferentes áreas que compoñen o naturalismo. Nesta segunda xornada viaxaremos ata un dos espacios naturais máis importantes de Galicia, Piornedo, no corazón dos Ancares, para realizar…

O CES alega contra o Parque Eólico de Castrove

O Colectivo Ecoloxista do Salnés considera ao documento de inicio ambiental do Parque eólico de Castrove pouco rigoroso e que non cumpre cos preceptos que indica a lexislación de avaliación de impacto ambiental. O CES presentou esta semana ante a Consellería de Medio Ambiente un documento coas súas consideracións ante o documento de inicio que…

Voz Natura, Asociación Vaipolorío

Graciñas ó Programa VOZ NATURA e a FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE por apoiar estes 11 anos os proxectos de Vaipolorío para o RÍO GAFOS.

Semanas despois de ser emitida a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE), non se teñen noticias das modificacións solicitadas para a nova redacción da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia

No Anuncio do 3 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, fixo pública a DAE correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara a neutralidade carbónica. Nesta declaración faise un severo reproche á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación…

Fragas do Eume: recurtando a Rede Natura para facer sitio ao negocio eólico

O parque eólico Pena do Corvo, ás portas das Fragas do Eume, pretende situarse nunha área de ampliación da RN2000 que Feijóo ten conxelada dende 2011. Non sorprende que sexa de Iberdrola… Este proxecto eólico, un da ducia longa (e contando) que ameazan a comarca do Eume-Ortegal, ten unha especial significación por situarse a escasos…

Campaña 2021 – Vacaloura (Lucanus cervus)

Un ano máis xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura como “Especie do ano 2016”. Levamos máis de 400 citas nas 4 provincias galegas que nos permitirán seguir…

“Non é noso nin o que é noso”

O pasado 26 de maio tivo lugar a cuarta das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza”, que organiza a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Este encontro quixo dar voz aos colectivos de persoas afectadas por algúns dos parques eólicos en tramitación, contando coa participación de Carlos…