A FEG diríxese á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o Parque Eólico Xesteirón pola ocupación de Habitats protexidos

A Federación Ecoloxista Galega reitera a súa preocupación pola proliferación de proxectos de parques eólicos localizados en espazos naturais sensibles. A Administración segue a tramitar estes proxectos incumprindo a normativa europea: a FEG ven de dirixir un escrito á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo solicitando apertura de investigación para o cumprimento da Directiva 92/43/CEE…

A administración dá osíxeno ás eólicas mentres afoga á cidadanía

Non só a Xunta favorece ás empresas eólicas poñendo atrancos á participación pública. Tamén o Ministerio de Transición Ecolóxica vén de ampliar os prazos dos trámites para a autorización de parques eólicos, outorgando ás empresas 9 meses máis para facerse cos permisos. Mentras, cidadanía e concellos vemos como os prazos de consulta son cada vez…

A Xunta tramita a ampliación dunha canteira en Láncara, alegal dende 1983

A canteira “Costal Vello” leva operando décadas sen delimitación, plano de restauración e estudo de impacto. Agora, para poder ampliar e entrar no negocio do formigón, toca poñer ao día esas “omisións”. Como puido operar case 40 anos sen papeis? Un plano de restauración e un estudo de impacto ambiental “que non constaban”… Segundo a…

5+1 falsidades para branquear o eucalipto na actual moratoria

ADEGA vén de denunciar unha roza masiva de matogueira ben conservada, seguida poucos días despois dunha apertura de sucos destinados a plantar eucaliptos, no concello de Sobrado dos Monxes. Os sucos pasaban mesmo por un prado recentemente pastado contiguo á xa desaparecida matogueira. En abril, os produtores de madeira recoñecían que “se lles foi a…

A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos

ADEGA vén de trasladar ao Ministerio as súas propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos científicos e obxectivos pretenden contribuir a mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é xa irreversíbel. Unha poboación de lobo estancada dende hai 30…

ADEGA dá os primeiros pasos para xudicialización da desfeita eólica

As instalacións dos parques eólicos “Bustelo” e “Monte Toural” promovidas por Greenalia sitúanse na contorna da Braña Rubia-Lagoa de Alcaián e nas proximidades do Monte Castelo. Nesta reducida área atópanse en tramitación outro parque eólico “Campelo”, tamén promovido pola empresa da ex-conselleira Beatriz Mato. Son tres parques da mesma promotora, que coinciden na mesma área…