A vindeira fin de semana celébrase o “Día mundial das aves“, momento no cal diferentes entidades organizan actividades para a posta en valor deste fermoso grupo faunístico. Como no podería ser doutro xeito, dende o G.N.Hábitat conmemoraremos un ano máis esta data, organizando unha actividade dirixida a informar e axudar a identificar as aves presentes…
Categoría: Convocatorias
Encontros naturalistas xullo 2015: manexo de especies invasoras en illas
Nos Encontros Naturalistas de xullo 2015 temos a sorte de contar con Lucía Latorre Piñeiro, Doutora en Bioloxía pola USC que realizou a súa tese doutoral sobre impactos e manexo de invasións biológicas en illas, no Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA, C.S.I.C.- U.I.B.). Na actualidade, é coordinadora de manexo de especies invasoras no Vallée…
Roteiro pola pretección dos montes do Hio
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 26 de xullo un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes da parroquia do Hio (Cangas). O roteiro, segundo deste verán, será circular e sairá as 11 da mañá do Igrexario de Hio, para chegar ás 14 h.,…
En todas mans. Proxección do documental e coloquio
. O próximo venres 10 de xullo, ás 20h00 no centro social A Revolta do Berbés (R/Real, 12 ), veremos o documental “En todas as mans” un proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en man común. Teremos con nós a parte da equipa técnica do documental para que nos presenten o seu traballo e para…
1ª xornada de limpeza do río Gafos -Campaña 2015-
O vindeiro domingo 5 DE XULLO , ás 10.00 horas, tendo como punto de encontro a ESTACIÓN DE AUTOBUSES de PONTEVEDRA, levarase a cabo a 1ª xornada de limpeza do río dos Gafos do ano 2015. Coa colaboración de 10 internos do CENTRO PENITENCIARIO DE A LAMA acompañados por persoal do centro. O remate da…
Obradoiro sobre biodiversidade na Reserva da Biosfera – 5 xullo en Arteixo
O vindeiro domingo 5 de xullo de 10 a 13 h terá lugar o primeiro de tres obradoiros para dar a coñecer a biodiversidade da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Esta xornada estará dedicada a Arteixo, e visitaremos o contorno da Aula de Natureza, o encoro de Rexidoiro e o sistema…
SGHN, Verdegaia e AHE celebraron o Día Mundial do Medioambiente unha actividade para contribuir ós obxectivos de conservación da biodiversidade na Rede Natura 2000
Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, a SGHN, Verdegaia e AHE celebraron o 6 de xuño de 2015 unha actividade para contribuir ós obxectivos de conservación da biodiversidade na Rede Natura 2000. O obxetivo desta actividade medioambiental no espazo natural Gándaras de Budiño, foi a divulgación dos valores naturais do espazo natural e aportar…
Sábado 20 de xuño, marcha contra celulosas
Logo de 50 anos de destrución e desarranxo ambiental, ENCE ofrécenos o paraíso a cambio da permanencia en Lourizán máis alá do 2018; milleiros de postos de traballo, eliminación de cheiros e molestias, devolución da auga roubada ao Lérez, pago dos impostos en Pontevedra, fin da contaminación da Ría, creación de riqueza e benestar… Pero…
Presentación do libro “En la espiral de la energía”
Achégase a fin dun mundo… a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que? Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Compostela e Vigo para presentar En la espiral de la energía, un libro sobre a historia…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza o próximo domingo 14 unha excursión denominada “O Barbanza prehistorico”
Tódolos anos o CES organiza unha excursión fora do comarca do Salnés e este ano decidiu visitar a comarca da outra beira da ría de Arousa. A ruta fará fincapé no pasado mais antergo desta comarca e seguiremos os rastros que os primeiros poboadores desa comarca nos deixaron: arte nas pedras, enterramentos e casas. Pola…
Celebra a Semana do Medio Ambiente con ADEGA!
O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate! IV Limpeza simultánea de praias (5, 6, 7 e 8 de xuño) Un ano…
O CES organiza unha ruta para descubrir o segredo das libélulas
O próximo sábado 30 de maio o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) organiza unha acividae aberta que consistirá en realizar unha ruta polas lagoas de Vilalonga descubrindo os segredos das libélulas. Da man dun dos socios do CES que mellor coñece o espazo protexido do Umia-O Grobe, Emilio Martínez, coñeceremos as especies de libélulas que…