O motivo desta carta está relacionado coa polémica sobre a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio de Coia. Esta iniciativa do goberno municipal ten provocado a contestación e protesta de entidades sociais e veciñanza. Ante isto, a resposta do Alcalde é reducir a importancia desta oposición, estigmatizala, relacionala con posturas partidistas e…
Categoría: Ecoloxía e sustentabilidade
Consellos para non consumirte nas festas
Probablemente, a crise económica contribúa a reducir o impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos naturais. Constátase un gasto de enerxía superior ao necesario, unha produción de residuos esaxerada, o aumento do uso do transporte privado, o incremento de emisións de efecto invernadoiro e da contaminación…
A web de Verdegaia presenta dende hoxe os horarios do transportes metropolitano de Vigo
O acordo baleiro de contidos co que finalizou a 20ª conferencia da ONU sobre a Mudanza climática celebrado en Lima é máis un reflexo da desidia coa que os gobernantes encaran este grave problema, ao mesmo tempo que demostran ser incapaces de apostar firmemente polas enerxías renovábeis. Esa desidia tamén se manifesta nas administracións máis…
Barcos á rotonda? Medre o mar!
De Verdegaia queremos manifestar o noso apoio á veciñanza e colectivos que están a deter as obras de instalación dun barco nunha rotonda do barrio vigués de Coia. Dúas son as razóns argumentadas para tomar esta acción: o seu custe económico e o maltrato a un ben cultural como é un barco de altura con…
O Concello de Triacastela anula a licencia municipal a Cementos Cosmos
O Concello de Triacastela ven de comunicar a varios dos colectivos integrados en ContraMINAcción que interpuxeran recursos de reposición contra a polémica licenza municipal outorgada a Cementos Cosmos en dito concello no pasado día 1 de agosto, a desestimación dos mesmos por estar xa anulada dita licenza. En dita resolución, o Concello de Triacastela desestima…
Proxecto Ríos presentou o Manual de Custodia Fluvial
O Manual de Custodia Fluvial pretende ser un documento de referenza no que se traten todas as cuestións ligadas á participación cidadá no coidado e seguemento dos ecosistemas fluviais. No documento propóñense diversas estratexias para desenvolver iniciativas de estudo, recuperación e mellora dos nosos ríos. O Manual de Custodia Fluvial convértese, xa que logo, nunha…
O concello de Lalín aposta decididamente pola compostaxe
Con estas experiencias de auto-compostaxe caseira e comunitaria pretendemos revertir a actual situación da xestión do lixo na Galiza, sobre a base de que o lixo orgánico é un valioso recurso que podemos aproveitar nos nosos fogares. Deste xeito, tratando nos nosos fogares a materia orgánica (máis do 50% da bolsa do lixo, mesmo en…
Campaña para a prohibición da minaría con cianuro en Europa #bancyanide
No ano 2010 o Parlamento Europeo, por unha moi grande maioría, aprobou unha resolución para a Prohibición do uso de tecnoloxías con recurso ao cianuro na explotación mineira. En dita resolución facíase referencia aos máis de trinta accidentes graves debidos a derrames de cianuro, que incluían a peor catástrofe ocorrida no 2000, cando se derramaron…
Verdegaia presentou alegacións ao Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020
Verdegaia vimos de presentar á Consellaría do Medio Rural e do Mar as nosas alegacións e suxestións ao Programa de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020. Este documento é unha continuación do que xa estivo en vigor até 2013. Ambos son textos marco que adaptan as políticas da UE e os seus fondos de axuda,…
Carta á ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente
Verdegaia xunto con outras 18 organizacións vimos de asinar unha carta dirixida á Ministra Isabel García Tejerina solicitando que aumente a transparencia e a participación das organizacións sociais á hora de discutir sobre a posición do Estado español con respecto as oportunidades de pesca (os famosos TACs) para o 2015. O envío dsta carta forma…
Ecoloxistas, propietarios, empresas, investigadores e outros 40 colectivos impulsan a campaña Cousa de Raíces
Máis de 40 colectivos e entidades defensoras do bosque galego e do seu aproveitamento sostible lanzaron hoxe na Eira da Xoana a campaña “Cousa de Raíces”. Esta campaña, impulsada por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA, pretende sumar esforzos e iniciativas en recuperar o valor do bosque desde o coñecemento, como recurso cultural, económico e ambiental….
Os escolares de Carballo aprenden a compostar
O pasado 20 de maio ADEGA e o concello de Carballo comezamos un novo programa de educación ambiental cuxo obxectivo é reducir os residuos e aprender a compostar os restos orgánicos. Deste xeito, a partir de agora a horta comunitaria e tres centros de ensino de Carballo implantarán unha área de compostaxe comunitaria para xestionar…