Recoñécese a electrosensibilidade como causa de incapacidade laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) recoñeceu recentemente a un enxeñeiro de telecomunicacións da multinacional Ericsson unha incapacidade permanente total para traballar en entornas de contaminación electromagnética , sentenza exemplar no Estado Español que deixa en evidencia a ausencia de Zonas Brancas e a existencia duns límites de exposición desfasados que non teñen... Seguir lendo →

Campaña Galiza Libre de Glifosato

Un ano máis as estradas e vías galegas aparecen queimadas con herbicida, toneladas de substancias químicas perigosas que envelenan a auga, a terra e prexudican a nosa saúde e o medio ambiente. Logo das manifestacións da OMS, que considera ao glifosato un probable canceríxeno, e doutras achegas, como o estudo publicado por Criigen, (Comité de... Seguir lendo →

ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo

ADEGA, A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraria de Pescadores de Ferrol, Confraria de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artabría. Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plaataforma dos veciños “O Cruceiro de Mehá”. PSdeG-PSOE... Seguir lendo →

Garantir a sostibilidade do aproveitamento enerxético da biomasa: imprescindible e urxente

Debemos apoiar os aproveitamentos sostibles das biomasas, fundamentais para o medio rural e reducir o uso de combustibles fósiles, e desenmascarar a aqueles con importantes efectos negativos para as comunidades e os ecosistemas. Créase a Coordinadora Estatal contra as Macroincineradoras de Biomasa, como as que promoven Forestalia ou ENCE en, respectivamente, Monzón (Huesca) e Tenerife/Gran... Seguir lendo →

Mais minas contaminantes para Galicia: alerta social

O Goberno da Xunta do PP segue pensar que "Galiza é unha mina" como proclamaba a súa campaña institucional. Despois da multitudinaria manifestación contra a Megaminaría contaminante convocada por ContraMINAcción e as miles de sinaturas recollidas, xa non o din tan claramente, mais os feitos condúcennos a pensar que así é. A Xefatura Territorial da... Seguir lendo →

Plataformas e organizacións europeas contra a contaminación electromagnética dan un paso moi importante na coordinación e organización contra esta problemática

O encontro de Bruxelas do derradeiro 12 de xaneiro, patrocinado pola eurodeputada francesa dos Verdes/ALE Michèle Rivasi, contou coa participación de representantes de organizacións de 10 países europeos (*) implicadas na loita contra a contaminación electromagnética, e a presenza de Bernardo Hernández Bataller, en calidade de representante da sección especializada TEN do Comité Económico e... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑