A XUNTA confirma a presenza de lindano en Ponteareas e require á empresa onde se depositaron as terras a que retire os restos que aínda están no lugar

Despois da denuncia presentada ante a Valedora do Pobo e as solicitudes realizadas en reiteradas ocasións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente, a Xunta vén de comunicarnos, a través da da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que logo das últimas análises, aínda hai terras con lindano en... Seguir lendo →

Atalaya Mining esfórzase por disfrazar a realidade destrutiva do seu proxecto mineiro en Touro

Promotores da mina de Touro din o contrario do que revela a súa herdanza mineira noutras partes de España e noutros continentes. ContraMINAcción contesta que "a minaría si contamina, si xera vertidos e si afecta profundamente a poboación local". Non hai, como pretende mostrar o Sr. Lavandeira minería aséptica e con vertidos e contaminación 0/0. Na entrevista a modo... Seguir lendo →

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvases e captacións

ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade... Seguir lendo →

Non ao campo de golf de Barredo (Baiona)

https://www.youtube.com/watch?v=Iz2c6xy_DbA A Asociación Pola Defensa da Ría, solidarízase coa loita da veciñanza de Baredo (Baiona) contra a pretensión municipal de expropiar terreos comunais para construír o que sería o maior campo de golf da provincia de Pontevedra (350.000 m2), creando un ambiente “axardinado” artificial que afectaría negativamente aos emblemáticos enclaves naturais de Chan da Lagoa... Seguir lendo →

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonamos o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía... Seguir lendo →

ADENCO solicita á Xunta que de por rematado o procedemento administrativo da macroincineradora de biomasa de Mondariz

A Asociación Ecoloxista ADENCO ten presentado escrito perante a Consellería de Economía e Industria solicitando que de por rematado o procedemento administrativo da macroincineradora de biomasa de Mondariz. Esta solicitude preséntase despois da recente derrogación do Decreto 149/2008, do 26 de xuño, polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de... Seguir lendo →

Recoñécese a electrosensibilidade como causa de incapacidade laboral

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) recoñeceu recentemente a un enxeñeiro de telecomunicacións da multinacional Ericsson unha incapacidade permanente total para traballar en entornas de contaminación electromagnética , sentenza exemplar no Estado Español que deixa en evidencia a ausencia de Zonas Brancas e a existencia duns límites de exposición desfasados que non teñen... Seguir lendo →

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑