Mobilidade urbana alternativa

Verdegaia ven de participar n’A Pedaliña, feira da bicicleta en Vigo, cun posto no que mediante elementos gráficos amosábamos unha forma alternativa de mobilidade urbana. Este tipo de eventos non deben reducirse a unha simple celebración, senón que deben servir para que a cidadanía tome consciencia dun tipo de mobilidade diferente que non se centre…

10.000 árbores autóctonas máis para Froxán. O teu apoio para froxanizar Galiza!

-O proxecto de conservación dos montes de Froxán foi preseleccionado de entre 150 de todo o mundo para competir con outros 13 nunha votación pública global que finalizará o 23 de marzo. -Calquera persoa pode votar polo proxecto neste link: bit.do/froxan -A European Outdoor Conservation Association financiará con ata 30.000 euros o proxecto ambiental máis…

A XUNTA confirma a presenza de lindano en Ponteareas e require á empresa onde se depositaron as terras a que retire os restos que aínda están no lugar

Despois da denuncia presentada ante a Valedora do Pobo e as solicitudes realizadas en reiteradas ocasións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente, a Xunta vén de comunicarnos, a través da da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que logo das últimas análises, aínda hai terras con lindano en…

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvases e captacións

ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade…

Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental de Sálvora

Tomando unha vez máis como punto de partida do voluntariado o porto de Aguiño, onde coa axuda de tod@s, cargamos todo o material de traballo na planeadora que nos levaría a illa nunha intensa viaxe. Unha vez alí, despois da instalación dos voluntari@s e a organización do material, o voluntariado tivo a oportunidade de facer…

Non ao campo de golf de Barredo (Baiona)

A Asociación Pola Defensa da Ría, solidarízase coa loita da veciñanza de Baredo (Baiona) contra a pretensión municipal de expropiar terreos comunais para construír o que sería o maior campo de golf da provincia de Pontevedra (350.000 m2), creando un ambiente “axardinado” artificial que afectaría negativamente aos emblemáticos enclaves naturais de Chan da Lagoa e…

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonamos o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía…

Consellos para celebrar o Lume Novo sen queimar o ambiente

Alén de instar á veciñanza, comisións de festas e concellos para que teñan previsto medidas de seguridade nas cacharelas, coidando que a súa ubicación non xere riscos para as persoas e impactos no medio, non é menos importante ter en conta a enorme cantidade de refugallos que se produce esta noite, que con frecuencia rematan…