Desecación dunha lagoa na praia de Lourido por unha pala metálica

Este pasado venres, día 6 de decembro, temos observado na praia de Lourido (Poio) unha actuación sobre o medio que non nos pode deixar indiferentes e que, polo que puidemos coñecer, tense feito xa en anos anteriores. Na parte posterior da praia, sobre a zona de vexetación alí existente, fórmase todos os invernos unha pequena…

A APDR alega contra un novo emisario

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) presentou o pasado venres día 2 de novembro alegacións ao novo emisario que levaría as augas residuais urbanas dos Concellos de Pontevedra, Marín, Poio e parte de Vilaboa desde a saída da EDAR de Os Praceres ata o entorno das praias de Portocelo, Aguete e Mogor,…

O desvío de visitantes desde Cíes provoca a masificación de Ons

A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800…

Milagre en Lourizán

Tiveron que pasar 10 anos (ou 20, que as fontes non se poñen de acordo sequera neste dato) para que as mariscadoras puidesen baixar á praia e recoller ameixas na parte interna da Ría, aquela que vai desde a Punta dos Praceres ata o peirao de Lourido. De forma inesperada, desapareceron todos os impedimentos que…

Crónica dum desastre anunciado. Ponta Langostira

Depois de anos negando a eividência por fim, o Tribunas de Contas Europeo e, em Maio deste ano o Tribunal de Contas espanhol reconhecem o esbanjamento, o sobre-custo e a negligência de construir dous portos exteriores a apenas 20 km de distáncia. Verdegaia levava anos a denunciar que as quantidades económicas de que falavam a…

A Bandeira Azul non é sinónimo de litoral ben conservado

As praias non son parques urbanos, e a boa conservación dos ecosistemas naturais pouco ten a ver coa calidade sanitaria e os servizos, e moito menos coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste “galardón”. . Este 2017, a FEE (Fundación de Educación Ambiental) através da súa filial española ADEAC (Asociación de Educación Ambiental…

O Plan de Saneamento da Ría de Pontevedra

Veñen de saír á luz algúns aspectos considerados no novo Plan de Saneamento da Ría impulsado pola Xunta de Galicia, e hai algúns deles que non por agardados deixan de ser preocupantes. Tal como recollen os medios, o goberno galego ten decidido xa facer un novo emisario que vertería máis afora do punto no que…

Crónica da V limpeza de praias e lagoas litorais

Durante a pasada fin de semana (25 e 26 de novembro),  dous colexos e varias entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e lagoas litorais, denunciando así a problemática ambiental do lixo mariño na V Limpeza Simultánea de praias e lagoas litorais. Desta volta, a pesares de ser…