O 26 de outubro, e en datas posteriores, diversos colectivos ambientais e agrarios denunciamos ante Augas de Galicia a existencia de verteduras desde o “Grupo Mineiro Santa Comba”, consistente en achiques de augas residuais industriais de mina procedentes das plantas inundadas do referido grupo mineiro. Tales achiques eran vertidos desde unha serie de balsas de…
Categoría: Residuos
A Xunta dá osíxeno á mineira de Touro autorizándolle desviar temporalmente tres regos en espera dun novo proxecto
Augas de Galiza aproba o transvase temporal por 7 meses das augas de tres regatos contaminados á balsa de Vieiro, dando á mineira de Touro marxe para buscar unha “solución definitiva” ás augas contaminadas. Esta era a proposta que Explotaciones Gallegas S.L., socia de Atalaia Mining no proxecto de Touro, presentou á Xunta para abordar…
“RÍAS SOSTIBLES” Conciencia ao sector do mar sobre a problemática do lixo mariño
No mes de agosto a Asociación Ecoloxista ADEGA e o “Grupo de acción local do sector pesqueiro Seo Fisterra, Ría de Muros Noia, Costa sostible” embarcámonos nun novo proxecto que conta co apoio técnico da cooperativa Cidadanía. A finalidade do proxecto é concienciar e sensibilizar ao sector marisqueiro e pesqueiro da problemática do lixo mariño,…
A APDR denuncia un vertedoiro incontrolado en Mollavao
Xai xa tempo que se vén amoreando lixo, móbeis vellos, madeira, colchóns, persianas, plásticos, e moitos outros obxectos e desperdicios nun espazo de Mollavao existente ao pe do camiño que comunica a estrada PO-546 (no Qm 0,59) co espazo que vén sendo utilizado para a instalación dos circos, nas proximidades da autovía Pontevedra-Marín. E cónstanos…
Os partidos teñen que dar exemplo na xestión de residuos e non poden participar na lacra que supón o abandono de lixo
Máis de un mes despois da celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia, seguimos encontrando propaganda dos partidos marquesiñas e farolas. Son carteis que pouco a pouco van perdendo o pegamento que os suxeita ata que o vento os leve á pola dunha árbore ou ao leito de dun río. Pero o legado da campaña…
ADEGA insta a Fiscalía a investigar a ADIF por presunto delito ambiental por tirar dous vagóns de tren ao río Sil
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra a entidade pública empresarial ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente. ADEGA solicita á Fiscalía de Medio Ambiente que determine se existe delito ambiental nos feitos transcorridos o pasado día 2 de agosto, cando aparentemente operarios…
A Xunta insinúa que unha das presas de residuos mineiros de San Finx era para moer millo
A rede ContraMINAcción considera “esperpéntico e demostrativo da corrupción rampante na Xunta” que nun xiro inesperado, que a Dirección Xeral de minas insinúe agora que unha das presas de residuos mineiros das minas de San Finx (en Lousame), a maior delas e que pecha un val fluvial cun dique de contención de lodos de 50…
ContraMINAcción presenta unhas directrices internacionais para acabar cos desastres das presas de residuos mineiros
A rede de colectivos ContraMINAcción ven de lanzar xunto cun grupo internacional de 142 científicos, ONGs e grupos comunitarios de 24 países un documento de directrices internacionaispara o almacenamento seguro de residuos mineiros. As directrices pretenden protexer as comunidades locais, traballadores mineiros e o ambiente dos riscos que presentan millares de instalacións de almacenamento de…
Lindano: outra herdanza tóxica do franquismo que ninguén parece querer solucionar
Os residuos do lindano, un pesticida canceríxeno fabricado por Zeltia nos anos 50 e 60 no Porriño seguen a ser un problema 60 anos despois. Arestora descoñécense todos os lugares de vertedura e mesmo áreas “tratadas” e “encapsuladas” a principios de 2000 carecen de mantemento e hai fugas. Despois que en 2017 apareceran cantidades elevadas…
Outro vertedoiro máis nas Somozas e 10.000 t de residuos do Prestige aínda sen tratar
A Xunta está a tramitar a AAI (Autorización Ambiental Integrada) dun novo vertedoiro para 1,03 millóns de m3 de refugallos industriais no polígono industrial das Somozas. Trátase das instalacións da antiga SOGARISA, sociedade pública de xestión de residuos industriais, agora “UTE PMA-CONTECO/SOGARISA”. No parque empresarial das SOMOZAS localízanse varias empresas xestoras de refugallos que acumulan…
Uso masivo de luvas de plástico
As actuais circunstancias excepcionais obrígannos a adoptar novos procedementos como o uso de luvas para manipular froitas e verduras nos comercios de alimentación que só teñan autoservizo nestas seccións. Tal como puidemos verificar, en moitos casos a clientela non xestiona as luvas utilizadas de modo adecuado, xa sexa por despiste ou por descoñecemento de que…
Sen compostaxe non hai reciclaxe: O Concello de Santiago esquece a compostaxe nos orzamentos de 2020
A compostaxe de residuos mediante composteiros individuais comezou en 2002 con 150 composteiros, 900 composteiros a día de hoxe. Dende aquela ate o 2020 todos os sucesivos gobernos municipais incrementaron a dotación de composteiros individuais e na última lexislatura incorporáronse 3 composteiros comunitarios e un programa de compostaxe escolar, con moi boa acollida, ademais dun…