Verdegaia continúa coa campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ que decorre ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema ambiental que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI). Este mes de Abril adicámolo á Tintureira (Phytolacca americana), na ficha adxunta indicamos datos básicos sobre esta planta e o Domingo 30 de Abril realizaremos unha actividade…
Categoría: Xeral
Vipers in the city: Maio 2023 con Hábitat
Despois da gran acollida que tivemos o ano pasado coa iniciativa, este domingo, 7 de maio do 2023, os nosos compañeiros, David Dopereiro e Ismael Espasandín, volverán a amosarannos o seu traballo coa herpetofauna no concello de A Coruña, en concreto, coa víbora de seoane (Vipera seoanei). A actividade constará dunha charla e dunha saída na zona de…
ADEGA demanda a Teresa Ribera unha moratoria aos eólicos en Galiza para evitar unha “transición inxusta”
ADEGA vén de trasladar á Ministra de Transición Ecolóxica Teresa Ribera unha carta e un informe no que expoñemos as eivas do despregue das renovábeis en Galiza, causa dunha forte resposta social, e lle pedimos que decrete unha moratoria na aplicación dos Reais Decretos-Lei 6/2022 e 20/2022 no que atinxe á tramitación de proxectos de xeración de…
Conseguimos o reto! Rodear a Xunta contra máis de 75 proxectos macroeólicos especulativos
Este domingo, 23 de abril, a Coordinadora “Eólica Así Non” volveu mobilizar ao pobo galego en contra da actual depredación macroeólica especulativa, que desta volta, conseguiu rodear cunha cadea humana multitudinaria todo o perímetro das depedencias da Xunta de Galicia, en San Caetano, Santiago de Compostela. A pesar da chuvia, máis de 2000 persoas acudiron…
O TSXG tamén confirma a nulidade do PE do Oribio e pecha definitivamente o caso
O pronunciamiento de TSXG responde ao último recurso da promotora que quedaba pendente tras o auto do Tribunal Supremo de outubro, que tamén declarou a nulidade e sentou xurisprudencia. Xa non hai máis vías posibles para retomar o proxecto do parque eólico de Oribio (Iribio), nos concellos de Samos e Triacastela, na provincia de Lugo, despois de que o Tribunal Superior…
Hábitat presenta BioDiversidade cos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza
Mañá mércores, 19 de abril, desenvolveremos unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade, iniciativa onde procuramos unha #naturezainclusiva con diversos colectivos, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural. Nesta ocasión, en compañía dos usuarios do Hospital de día de Saúde Mental do Hospital Marítimo de Oza, faremos…
O CES comeza unha nova edición do proxecto de educativo “Coidemos as nosas dunas”
Durante o mes de marzo o CES comezou unha nova edición do proxecto de educación ambiental “Coidemos as nosas dunas” en colaboración co IES de Sanxenxo. Ambas entidades levamos colaborando neste proxecto dende o ano 2017. O obxectivo é doble. Por un lado trátase de aproveitar un recurso educativo moi cercano ao alumnado para estudar de…
Viveiro en Rede con Brexa
Por iniciativa dunha socia temos un novo proxecto en marcha Viveiro en Rede co obxectivo de dispoñer de exemplares para as nosas plantacións coa a axuda de soci@s e colaborador@s. Se queres participar tes a información no seguinte cartaz.
O Proxecto Ríos impulsa as XXXVI Xornadas de Formación sobre os cursos fluviais
O Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA, lanza un ano máis o seu curso de formación para persoas interesadas no coñecemento e coidado dos nosos ríos. Terá lugar no IES de Brión o vindeiro sábado, 22 de abril, dende as 10:00 ata as 14:30 horas. Desta volta, na súa xa 36 edición destas xornadas, o Proxecto…
Loita contra a vaga eólica, os eucaliptos e o modelo SOGAMA: liñas de acción claves de ADEGA en 2023
A 47ª Asemblea Xeral de ADEGA celebrouse no Centro Sociocultural Uxío Novoneyra en Lugo e culminou cun xantar de confraternización e coa entrega dos Premios Osíxeno e Dioxina 2022. A asociación ecoloxista ADEGA celebrou este pasado sábado, 15 de abril, a súa 47ª Asemblea Xeral de socias e socios, na que fixo balance do traballo…
Vailoporío organiza unha limpeza na Ponte do Couto (río Tomeza-Gafos)
XORNADA DE LIMPEZA DOS ELEMENTOS VEXETAIS DA PONTE DO COUTO DO RÍO TOMEZA/GAFOS. Sábado 15 de abril ás 10h na propia ponte. AVISO:CONFIRMAR ASISTENCIA no tf. 676 842 942 ANTES DO SÁBADO PARA PROGRAMAR O TRABALLO
15-A: Plantación de árbores de ribeira no río Tins (Serra de Outes) con verdegaia e Montescola
As Brigadas acuden á chamada de colaboración de Montescola para participar na primeira Xornada de voluntariado ambiental do proxecto ReNatur_Outes para a renaturalización fluvial do río Tins ao seu paso polo Concello de Outes. O sábado 15 de abril comezan as intervencións de voluntariado ambiental co obxectivo de plantar nese día medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, acción coa…