EXPEDICIÓN GALICIA, un desafortunado xeito de achegarse á natureza galega

ADEGA, GEAS e GN. Hábitat solicitamos á TVG a retirada do programa “Expedición Galicia”   Os colectivos ADEGA, GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Grupo Naturalista Hábitat solicitamos á compañía da radio-televisión pública de Galicia (CRTVG) a retirada do programa da TVG de recente estrea “Expedición Galicia” (ligazón). Instamos tamén á Dirección Xeral…

Prepotente

Seguindo unha das súas máximas de comportamento, ENCE ameaza ás autoridades administrativas e ás institucións locais –e, ao tempo, ao conxunto da cidadanía da comarca pontevedresa- con non instalar unha planta de biomasa en Lourizán e levala a Huelva. Trátase, evidentemente, dun novo intento empresarial de forzar ao goberno central para que tome a decisión…

ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

O pasado 14 de novembro, a empresa asturiana Inca, adxudicataria en 2008 da explotación da fábrica da luz a carón do río Miño en Lugo, puxo en marcha as obras que prevén retomar a explotación desta infraestrutura que leva décadas en desuso. Sen embargo, os traballos autorizados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil supoñen multiplicar por tres…

Traballadores de ENCE agreden a un membro da APDR

Na madrugada do pasado mércores, cando viñan de colocar bandeirolas da campaña conxunta “ENCE FÓRA DA RÍA PARA SEMPRE” participada por varias institucións (Deputación Provincial e Concellos de Pontevedra, Poio, Bueu e Vilaboa) e numerosos partidos e colectivos sociais da comarca, un grupo de membros da APDR observaron como unhas persoas rachaban os carteis que…

Verdegaia esixe a liberación das persoas detidas inxustificadamente esta madrugada

Esta madrugada, as forzas represivas do estado irromperon na casa dunha compañeira de Verdegaia, e detivérona, sen que de momento poidamos saber nada dela, pois o seu teléfono non está operativo. Esta detención absolutamente inxustificada, enmárcase dentro do que desde a policía se deu en chamar “Operación Jaro”, un operativo que se di dirixido cara…

ADEGA e a UDC continúan a ambientalizar os campus da Coruña

ADEGA e a UDC, através OMA (Oficina de Medio Ambiente) veñen anovar o acordo de colaboración parao o curso 2015-1016 que nclúe actividades para ambientalizar os campus da Zapateira, Elviña e Oza. O persoal bolseiro da OMA é un grupo multidisciplinar con representantes de Arquitectura, Aparelladores, Enxeñería de camiños, Química, Bioloxía e Terapia ocupacional. Xa…