A metade da humanidade vive en áreas urbanas. Esa proporción chegará 66% en 2050 cando máis persoas cheguen ás cidades en busca de mellores empregos e unha vida social activa. As cidades xeran preto do 80% da produción económica mundial. A expansión das cidades e o aumento da demanda de terra trae consigo presións para…
Etiqueta: ADEGA
Os campionatos de caza de raposo: un absurdo e cruento anacronismo
Xa hai 13 anos que comezaron en Galicia os campionatos do raposo. O próximo celebrarase o 3 de febreiro, a IX Copa España de Caza de Raposo, en montes de Cotobade (que sufriu a vaga de lumes de outubro), Cerdedo e Forcarei. Trátase de celebracións nas que se premia á cuadrilla que logra matar o…
O PP non quere ecoloxistas na Comisión dos lumes
A recentemente criada “Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia” non contará desta volta coa comparecencia dos colectivos ambientalistas galegos. Malia a que diversos grupos propuxeron a comparecencia de representantes ecoloxistas, o PP vetou esta posibilidade. O grupo…
A Fraga de Catasós debe ampliarse para garantir a súa preservación e integridade
ADEGA vén de presentar, no proceso de consultas do Plano de Conservación da Fraga de Catasós (Lalín), unha proposta de ampliación e zonificación ambiciosa para este Monumento Natural. Pasaría das 4,5 ha actuais a 180 e incorporaría diversas masas próximas, incluida a todalidade da fraga de Casas Vellas. Trátase de dar coerencia e continuidade a…
Bota a andar a recollida de sinaturas da ILP do bosque autóctono e contra a eucaliptización
Representantes das organizacións promotoras da ILP “para a protección e mellora dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais”, anunciamos este día 20 o inicio da campaña de recollida de sinaturas, que se prorrogará até o vindeiro mes de marzo. Como obxectivo marcámonos conseguir que…
Este Nadal, agasalla ecoloxismo!
As festas do Nadal coinciden co maior pico de consumo anual. Para o ambiente, o que comeza cun venres negro, remata co mes máis escuro do ano: aumenta o desbaldimento de electricidade e de auga, e os excesos pasarán factura á nosa saúde, economía, ambiente… Se estás pensando en facer agasallos, prioriza a túa creatividade…
ADEGA e outras 17 organizacións galegas levamos ao Parlamento Europeo as desfeitas da industria do eucalipto
No marco das xornadas Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización organizadas polo grupo GUE/NGL do Parlamento Europeo, 18 organizacións levamos a Bruxelas a problemática do eucalipto na Galiza. Intervención de ADEGA no Parlamento Europeo O desleixo da Xunta de Galiza co patrimonio cultural galego. A problemática dos incendios. Bruxelas, 7 de decembro de 2017….
Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvases e captacións
ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade…
A sociedade debe tomar a iniciativa na ordenación dos montes galego-portugueses fronte a eucaliptización e os lumes
O Centro Social A Devesa, no concello de Salceda de Caselas, acolleu no día de onte as “I Xornadas Galego-Portuguesas fronte a eucaliptización e os incendios”, organizadas pola rede de entidades a prol do bosque galego “Cousa de Raíces”, o colectivo ecoloxista ADEGA e a Asociación Treze-Catorze, coa colaboración do Concello de Salceda, a Associação…
O salmón do Ulla ameazado de extinción pola reapertura da mina de Touro
Un estudo publicado recentemente na revista Environmental Pollution amosa que analisando os metais pesados nas escamas dos salmóns capturados no Ulla pódese medir o impacto da mina de Touro na contaminación de cobre (Cu) e o seu efecto nas poboacións de salmon. Os resultados indican claramente que as verteduras da mina a ceo abierto de…
As concentracións de lindano nalgúns puntos do río Louro multiplican por 10 o máximo permitido
A recente alarma xurdida pola detección de significativas cantidades de lindano en diversas traídas veciñais no Porriño, pon o foco na deficiente xestión que deste perigoso contaminante teñen feito as administracións. Entre 1947 e 1964 a compañía Zeltia fabricou lindano (HCH) e outros pesticidas nunha planta do polígono de Torneiros, en O Porriño (Pontevedra). Máis…
Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental de Sálvora
Tomando unha vez máis como punto de partida do voluntariado o porto de Aguiño, onde coa axuda de tod@s, cargamos todo o material de traballo na planeadora que nos levaría a illa nunha intensa viaxe. Unha vez alí, despois da instalación dos voluntari@s e a organización do material, o voluntariado tivo a oportunidade de facer…