Despois de 5 anos de trámites, finalmente a Xunta vén de declarar a ADEGA asociación de utilidade pública. Este feito reportará vantaxes non só para a nosa entidade (acceso a liñas de axuda e financiamento exclusivas, xustiza gratuita -nalgúns casos-, entre outras) senón tamén para todos os socios e socias, que poderán desgravar unha parte importante…
Etiqueta: ADEGA
Arrasan un dolmen e levan unha das laxes para adornar un xardín
ADEGA e Mariña Patrimonio presentamos o pasado 9 de maio unha denuncia perante o Servizo de Patrimonio Cultural, despois de termos noticia da destrución do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira (Budián, O Valadouro- Lugo) no transcurso duns labores forestais. Segundo a información achegada por diferentes fontes, supostamente os responsables dos danos infrinxidos na…
O estado concede outros 360 MW hidroeléctricos a GN-Fenosa na reserva da biosfera Gerês-Xurés
O estado vén de publicar a declaración de impacto ambiental da central reversíbel en caverna que unirá os encoros de Salas e As Cunchas, na bacía do Limia. Serán 74 meses de obras; máis de un millón de metros cúbicos de entullos estrados na reserva da Biosfera Gerês-Xurés a razón de 327 viaxes de camión…
A Bandeira Azul non é sinónimo de litoral ben conservado
As praias non son parques urbanos, e a boa conservación dos ecosistemas naturais pouco ten a ver coa calidade sanitaria e os servizos, e moito menos coa masificación que a miúdo provoca a concesión deste “galardón”. . Este 2017, a FEE (Fundación de Educación Ambiental) através da súa filial española ADEAC (Asociación de Educación Ambiental…
Solución para unha planta de biomasa ilegal? Mudar a lei e o nome da empresa
En outubro pasado “Renova Generación de Energías Renovables S.L”. pretendía construir en Curtis unha planta de xeración eléctrica a partir da biomasa de 50MW, cando por lei o límite era 10MW. Daquela o Decreto 149/2008 aprobado na etapa do bipartito, establecía un límite máximo de 10MW por instalación (80MW totais en Galiza). O proxecto sobardaba…
Algo cheira a podre no Xallas: crónica das privilexiadas relacións entre a Xunta e Villar-Mir
A recente imputación de Villar-Mir polo presunto financiamento irregular do PP, pon o foco nas relacións entre a Xunta e o empresario, dono e señor do río Xallas. A súa é unha relación idílica salferida de prebendas, subvencións e resolucións administrativas sorprendentes… Sorprendentemente favorábeis ao empresario, que xa aparecía nos “papeis de Bárcenas” como doador…
ADEGA consegue nos tribunais que a Xunta inicie os trámites para declarar a Cova Eirós como BIC
Tras oito anos de longa espera, a Xunta inicia o expediente administrativo para poder declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a Cova Eirós de Triacastela, o principal expoñente da nosa Historia Paleolítica e a única cavidade galega con pinturas e gravados rupestres. A Xunta viuse obrigada a adoptar esta decisión en previsión de evitar…
ADEGA pide á Fiscalía que recorra contra o arquivo da causa da Fábrica da Luz
Como parte da plataforma “Lugo de Cara ao Miño”, ADEGA non se explica como o xulgado de instrución nº 1 de Lugo non atopou ningún comportamento delictivo nin ningunha irregularidade no expediente administrativo correspondente á peza do caso Pokemon relativa á adxudicación do proxecto hidroeléctrico da antiga Fábrica da Luz. Esta plataforma vén de poñer en…
ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos
A presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos Virginia Rodríguez vén de asinar coa Conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos. . Na actualidade, o Proxecto Ríos conta arestora con 359 grupos de voluntarios/as que implican a participación de máis de 3.600 persoas no…