Os nosos ríos danos de beber, regan o albariño e as hortas, límpannos, son espazos de lecer e abastecen de auga á industria. Ríos e regatos que aportan frescura e beleza á nosa paisaxe, e son un refuxio de vida natural. Son os ríos dos salgueiros e ameneiros, das londras, libélulas, troitas, martiños peixeiros, garzas…
Etiqueta: CES
De novo herbicidas nas vías férreas
Nos últimos anos vimos observando un preocupante aumento do uso de herbicidas por parte das administracións polas beiras das estradas. Esta triste moda de pasar da eliminación mecánica (roza) á química, tamén se estendeu polas vías férreas, onde a entidade responsable (ADIF), fumiga alomenos 2 veces ao ano. Por este motivo acabamos de enviar escrito…
O Colectivo Ecoloxista do Salnés solicita mellores medidas de protección para as illas de Cortegada e Sálvora
Esta semana o Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES) presentou suxestións ao Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas para solicitar unha maior protección da fauna, da flora e dos fondos mariños, sobre todo das illas arousáns de Sálvora e Cortegada O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia…