Semanas despois de ser emitida a Declaración Ambiental Estratéxica (DAE), non se teñen noticias das modificacións solicitadas para a nova redacción da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia

No Anuncio do 3 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, fixo pública a DAE correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, cara a neutralidade carbónica. Nesta declaración faise un severo reproche á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación…

As organizacións ecoloxistas queremos participar no observatorio da eólica mariña criado pola Xunta

ADEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O pasado 9 de xuño a Xunta anunciaba a…

A FEG chama á manifestación do vindeiro 5 de xuño, Día do Medio Ambiente, contra a invasión eólica en Galiza

O manifesto Eólica, Así Non, reclama a paralización inmediata dos proxectos eólicos en tramitación e un novo modelo eólico. Uns 50 colectivos e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais, sindicais de toda Galiza, entre organizacións convocantes e adheridas, fan un chamado a toda a sociedade galega para que participe na Gran Marcha contra a invasión eólica de Galiza que terá…

Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, Campaña de crowdfunding contra os megaproxectos eólicos

A transición enerxética cara a un modelo baseado en renovábeis é un compromiso ineludíbel. Esa transición debe ser xusta, socialmente distribuída e respectuosa coa biodiversidade, a xeodiversidade e a paisaxe. Mais non está sendo así. Esta campaña de crowdfunding pretende impulsar iniciativas xurídicas que sirvan para evitar un modelo baseado en megainstalacións; dará asistencia técnica…

Tala masiva de árbores no río Avia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil cos parabéns do Concello de Ribadavia está a perpetrar unha tala masiva de árbores no curso do río Avia á altura de A Quinza. As brigadas da Confederación teñen previsto continuar con estas labouras de “limpeza” ata a desembocadura no río Miño en ambas marxes, incluíndo o tramo urbán de Ribadavia….

“Por un Monte Galego con Futuro” reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura

A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo de Galiza para solicitar que se practiquen “as dilixencias oportunas e necesarias” para clarexar o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses e que afectaron a zonas integradas na Rede Natura 2000 ou Reservas da…

Organizacións sociais contrarias ao Plan Forestal reuníronse co PSOE e BNG

Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1 que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse o pasado 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza. A representación da fronte estivo integrada, desta…