A Federación Ecoloxista Galega presenta reclamación formal ao certificado de xestión forestal sustentábel concedida a ENCE

A Federación Ecoloxista Galega ven de enviar á empresa auditora alamana GFA, autora das auditorías para a concesión do certificado FSC de xestión forestal sustentábel de ENCE, un informe solicitando a cancelación deste selo que lle concedeu á empresa. Este selo FSC de xestión forestal sustentábel certifica que calquera produto no que figura o anagrama…

A Federación Ecoloxista Galega demanda medidas urxentes de control dunha nova planta con grande potencial de invasión, o Xenxibre do Himalaia

A Federación Ecoloxista Galega vén de dirixirse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería do Medio ambiente solicitando a posta en marcha de actuacións destinadas á erradicación dunha nova planta invasora que se atopa aínda nas primeiras fases de establecemento en Galicia pero que xa está presente en varios concellos do litoral e que…

Colectivos ecoloxistas advirten dos impactos da planta de Altri na Ulloa

As entidades ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), o Grupo Naturalista Hábitat, a AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e a FEG (Federación Ecoloxista Galega)denunciamos os graves impactos ambientais que a instalación dunha fatoría de fibras téxtiles de 122 hectáreas da multinacional Altri vai provocar na comarca da…

Non imos calar: Eólica así non!

A Coordinadora Eólica Así Non! organizamos para o mércores 23 de marzo ás 12h. unha concentración diante do Parlamento galego polo dereito á información e á participación da cidadanía. Manifesto A cidadanía galega está sendo silenciada e condenada ao ostracismo máis absoluto. Vemos como se nos furtan dereitos fundamentais como o de participar democraticamente en…

O Monte Veciñal de Covelo rexeita o parque eólico da Telleira 

A asemblea xeral do Monte Veciñal de Santiago de Covelo (concello de Covelo) acordou por unanimidade rexeitar a instalación na súa propiedade do parque eólico da Telleira, promovido polo grupo empresarial Adelanta. Así denunciamos o intento de espolio ambiental, paisaxístico, económico e cultural, non só no noso monte, senón en toda Galiza. O monte veciñal…

A FEG ven de remitir as súas achegas aos Plans Hidrolóxicos das demarcacións Galicia Costa e Miño-Sil

Dentro do prazo de exposición pública dos documentos que conforman os proxectos dos plans hidrolóxicos da Demarcación de Galicia Costa e da do Miño-Sil, a Federación Ecoloxista Galega ven de aportar as súas achegas solicitando modificacións que melloren a xestión sostible dos recursos hídricos e a conservación dos ecosistemas asociados á rede fluvial. Tense solicitado…