Como saberedes, na pasada fin de semana celebramos o noso encontro de activistas. Este ano decidimos convidar xente doutros grupos cos que estamos a colaborar en rede, por estar na nosa propia natureza ese xeito de facer as cousas e porque entendemos que as redes non só se fan no traballo e na comunicación a…
Etiqueta: VERDEGAIA
As Brigadas Deseucaliptizadoras celebrarán o Día Europeo das Comunidades Sustentábeis no Monte de Froxán, Lousame
O día 22 de setembro celebramos o Día Europeo das Comunidades Sustentábeis, que procura pór en destaque as iniciativas locais de todo o continente que fan frente ao cambio climático e á crise ecolóxica1. As Brigadas deseucaliptizadoras xunto coa Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Froxán e a Sociedade Histórica e Cultural Coluna…
Verdegaia solicita a intervención da Demarcación de Costas no regato de Listres (Ribeira)
Desde hai algún tempo véñense producindo na desembocadura do regato de Listres, situada entre as parroquias de Castiñeiras e Aguiño (ambas pertencentes ao concello de Ribeira) problemas de diversa índole que desde Verdegaia consideramos que precisan dunha intervención urxente. Este regato, que é estacional (no verán con frecuencia baixa seco) e cunha desembocadura de curso…
O desvío de visitantes desde Cíes provoca a masificación de Ons
A grande demanda de visitas ás illas Cíes está a ocasionar que se desvíen visitantes á illa de Ons para non exceder a cota de 2.200 persoas/día fixados para o arquipélago vigués. Deste xeito, a illa de Ons está a soportar unha carga de visitantes de ata 4.000 persoas/día, excedendo en grande medida as 1.800…
O Parlamento Europeo insta a realización dunha investigación da vulneración xeralizada da normativa europea nas Minas de San Finx
Na tarde de hoxe a Comisión de Peticións do Parlamento Europeu avaliou novamente a queixa formulada en xaneiro de 2017 pola Asociación Petón do Lobo, integrada nas plataformas “ContraMINAcción” e “Vida e Ría ou Minaría”, por vulneración de diversas directivas europeas na explotación mineira de volframio e estaño de San Finx, en Lousame (A Coruña)….
Brigada deseucaliptizadora en Froxán
O sábado 7 de xullo continúan os traballos dedeseucaliptización (e desta volta tamén desacaciación) na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán, en Lousame. Desta volta centrarémonos na eliminación de rebotes de eucalipto nunha zona de bosque de ribeira na que cortaron eucaliptos e plantaron frondosas no verán e outono do ano pasado. Nesta pequena…
A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Calzoa e da Foz como praias caninas polos seus valores naturais
A Asociación Fontaíña, o Colectivo Matogueira e Verdegaia convocan unha concentración contra a declaración das praias da Foz e da Calzoa como praias caninas, o vindeiro domingo 17 de xuño ás 12 h. no aparcadoiro da praia da Calzoa, baixo os lemas “Canina si mais non aquí” e “As aves da Calzoa tamén teñen dereitos”….
Mobilidade urbana alternativa
Verdegaia ven de participar n’A Pedaliña, feira da bicicleta en Vigo, cun posto no que mediante elementos gráficos amosábamos unha forma alternativa de mobilidade urbana. Este tipo de eventos non deben reducirse a unha simple celebración, senón que deben servir para que a cidadanía tome consciencia dun tipo de mobilidade diferente que non se centre…
Verdegaia esixe a aprobación do PRUX á altura dun Parque Nacional
Verdegaia presentou alegacións ao plan esixindo cambios no PRUX de cara a garantir a conservación dos valores naturais, xa que o documento exposto ao público non garante a debida conservación dos valores naturais. Agora tamén facemos nosa a postura das persoas representantes das Asociacións Ecoloxistas no Padroado do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas…
Mesa redonda: A mineria en Galicia e en América Latina
A Coordinadora Galega de ONGD e ContraMINAcción, organizan unha mesa redonda (aberta a todo o público), onde intervirían Gustavo Castro e Isabel Vilaba Seivane. Terá lugar no salón de actos da Facultade de Filosofía da USC en Santiago de Compostela mañá día 3 de maio ás 20:00. Pretendemos visibilizar que as causas, as consecuencias e…
O eucalipto Eucalyptus globulus é unha especie exótica invasora en Galicia
A consideración do eucalipto Eucalyptus globulus como especie exótica invasora en Galicia non tiña suscitado maior dúbida, existindo un consenso xeralizado entre os científicos e profesionais que traballan na conservación da biodiversidade1. Aínda nos últimos anos, o que se ten é fornecido ese carácter invasor con novas e mais robustas evidencias2. Non coñecemos aportación científica…
As brigadas deseucaliptizadoras bótanse ao monte
Hai uns días recibíamos a boa nova de que a candidatura presentada conxuntamente pola Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, a Comunidade do Monte Veciñal de Froxán e Verdegaia ao programa de axudas a proxectos de conservación da EOCA de axudas e proxectos de conservación resultaba ganadora na categoría de forestal. Desde Verdegaia queremos mostrar…