As asociacións ecoloxistas solicitan á Xunta paralizar a caza da rula

As asociacións ecoloxistas propuxeron esta mañá na reunión telemática do Comité Galego de Caza unha moratoria na caza da rula. Neste comité escoitáronse as distintas propostas para o establecemento dos períodos hábiles de caza para a temporada 2020-2021 nas distintas modalidades. Até o de agora,a caza da rula estaba permitida na media veda no espazo…

Esta semana desacaciamos no Hío!

A Comunidade de Montes Veciñais do Hío (Cangas) convoca a súa primeira intervención en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia o sábado 7 de marzo. Imos arrincar e descascar acacias na zona dunar de Nerga, no LIC Costa da Vela, un traballo que dividiremos en grupos nas que unhas arrancarán novas prantas e outras serán…

En marzo… plantamos en Coruxo o 1 e desacaciamos no Hío o 7

O domingo 1 de marzo achegarémonos novamente ás ribeiras do regato do Pontón, coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Coruxo, que desenvolve unha intensa actividade de restauración ambiental do seu territorio. Agora que a invasión de eucaliptos -que cubrían inicialmente este lugar- está a ser controlada, continuaremos o labor de recuperación coa plantación de diversas especies de árbores…

Nova desfeita nas gándaras de Budinho

A Cámara Municipal do Porrinho começou a talar o Habitat Prioritário “bosque aluvial de amieiros”* do espaço natural das Gándaras de Budinho e Ribeiras do Louro para posteriormente aterrar o lugar. A Conselharia do Ambiente deixa fazer a pesar das terras afetadas estaren incluídas no Plano de Recuperaçom do sapoconcho comum (Emys orbicularis), catalogado Em…

15-F Plantación de frondosas en Froxán

As Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia voltan á carga o próximo día 15 de febreiro na Área Conservada pola Comunidade Veciñal de Froxán (Lousame), plantando frondosas nativas (carballos, bidueiros, castiñeiros, nogueiras, aveleiras, etc.) nas zonas deseucaliptizadas en 2019. Parte dos traballos realizaranse na contorna da turbeira de Campo de Lamas seguindo un plan de xestión e recuperación ambiental…

9-F Deseucaliptizamos Darbo (Cangas)

A Comunidade de Montes Veciñais de Darbo (Cangas), en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia, convocan a primeira brigada deseucaliptizadora no Morrazo o domingo 9 de febreiro . Que faremos? Imos arrincar brotes de eucaliptos nos montes de San Roque, tras a corta feita no ano 2018; algúns pódense arrincar a man directamente e para…

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, recoñece ante os medios que se están vulnerando os termos da autorización de vertidos para a EDAR de Ribeira

En declaracións feitas a El Correo Gallego, o xerente de Augas de Galicia indicou que “es mejor que los alivios industriales vayan a la depuradora que se viertan directamente al mar”. Con estas palabras, Gonzalo Mosqueira vén recoñecer que está de acordo coa decisión de desviar á rede de colectores urbanos os vertidos industriais. Interior…

Plantación de autóctonas en Ferrol o 18 de Xaneiro

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a Ferrolterra para dar continuación dos traballos realizados en 2019 no monte do Calexón (Valón), dando continuidade ás de 8 de xuño e 14 de decembro. Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas e enviar un correo electrónico á persoa coordinadora da brigada: feryanezmarcelin@gmail.com Data límite para…

Deseucaliptizamos Coruxo o 11 e Valón o 18

ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS E PLANTACIÓN DE NATIVAS Chegaron as dúas primeiras convocatorias das Brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia para 2020. Están previstas para Coruxo, no concello de Vigo, para o sábado 11 de xaneiro; e en Valón, concello de Ferrol, para o sábado 18. Animamos á xente a non demorar en apuntarse, pois as prazas…

Graves irregularidades na EDAR de Ribeira

Denunciamos a existencia de vertidos sistemáticos de augas industriais do polígono de Xarás á rede de saneamento urbana da EDAR de Ribeira. Verdegaia vén de ter acceso á auditoría realizada por Adantia1, en relación ao funcionamento desa instalación. Nel aparecen recollidas numerosas eivas que non parecen moi razoables nunha infraestrutura que leva tan pouco tempo…