Máis de 1000 persoas participaron na X edición da Limpeza Simultánea de Praias

Durante a pasada fin de semana (15 e 16 de outubro), unhas 26 entidades entidades e máis de 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na Décima edición da Limpeza Simultánea de Praias.

Aínda que o tempo non acompañou, non foi impedimento para as persoas voluntarias en realizar a acción. Diferentes areais das nosas costas foron limpados para poder así visibilizar a problemática do lixo mariño e dar un toque de atención á cidadanía. Algunha das actividades adiáronse para próximos días como a Limpeza no concello de Muros; e no concello de Fene AETNA realizará a limpeza o próximo domingo 24 de outubro.

Foron chamados a participar na limpeza de praias e denunciar esta problemática os centros de ensino, as escolas de surf, os centros de mergullo, os clubes de piragüismo e vela, pescadores, mariscadoras, concellos, e entidades de todo tipo, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares.

Entre o lixo atopado nos nosos areais sempre teñen moita presenza as cabichas, os pauciños de limpar os ouvidos e restos de plástico e bateas. Sempre nalgún areal aparecen residuos algo máis chamativos como: botas de pescador, unha viga de aceiro, cadeiras de praia e incluso roupa esquecida…. Con este tipo de accións ADEGA pretende dar a coñecer a problemática nos nosos areais despois da tempada de turistas, a importancia de conservar limpas a nosas praias e evitar que así o lixo acabe no mar.

Calquera persoa pode recoller lixo do litoral sempre que poida


ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias non debe ser un feito illado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do litoral sempre que poida. As limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. O obxectivo principal deste tipo de actuacións é crear conciencia e alertar da cantidade de plástico que producimos e tiramos, e as consecuencias que isto ten.

ADEGA agradece enormemente a participación de todas as persoas que organizaron e participaron como voluntarias en todas as limpezas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: