ADEGA celebra o día da terra cunhas xornadas para promover un estilo de vida sustentábel

O vindeiro venres 22 de abril comezan as xornadas que ADEGA, en colaboración coa USC e a UNED de Lugo organiza nos campus universitarios. Unha semana de mesas redondas e conferencias coas que coñecer proxectos, asociacións e colectivos que promoven un estilo de vida sustentábel, acorde coas necesidades de cambio hábitos que nos esixe a emerxencia climática; así como a protección da biodiversidade e da calidade ambiental. Todas as actividades son de balde e dirixida a todo o público en xeral, especialmente ao estudantado universitario. Para participar nas actividades da UNED é preciso inscribirse a través da sede electrónica do centro.
Velaquí o programa:

Venres 22 de abril – Día da Terra Punto de encontro: Heliporto do Pavillón Central na Facultade de Veterinaria
17:30 – 18:15 Apertura e roda poéticapola Terra
18:15 – 20:00 Acción de limpeza do Campus Terra, as participantes poderán cambiar as cabichas recollidas por un bote con vida.

Luns 25 de abril – Soberanía alimentaria
EPS de Enxeñaría (Aula 10)
18:30 – 19:15 Proxección do documental “Nun tempo de horta” con apuntamentos da directora Carmen Granxeiro. Será a única oportunidade de ver en Lugo este documental, que concursa no festival CortoGijón.
19:30 – 21:00 Mesa redonda: Soberanía Alimentaria Participan nesta mesa Marta Pérez da Cooperativa Bico de Grao, Dora Cabaleiro das Ribeiregas e SLG, Gabriel Lopes, de SC Lagar d’a Granha, e será moderada por Emilio V. Carral Vilariño, profesor titular na área de ecoloxía da EPS.

Martes 26 de abril – Fauna silvestreFacultade de Veterinaria (Sala de Xuntas)
19:30 – 21:00 Mesa redonda: Fauna Silvestre Participan nesta mesa Óscar Rivas, da FOP e AGCT, Catuxa Varela Dopico do Grupo CoPeMol da USC, Manuel Arzúa da Asociación Morcegos de Galicia, e Concha López Llamas, catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en educación secundaria. A mesa será moderada por Ana López Beceiro, profesora do Departamento de Anatomía, produción animal e Ciencias clínicas veterinarias.

Mércores 27 de abril – Gandería sustentábelFacultade de Veterinaria (Sala de Xuntas) 19:30 – 21:00 Mesa redonda: Gandería Sustentábel Participan na mesa Gemma San Pedro de Cabuxa Natur, Xosé García Freire de Casa da Fonte, e David Outeiro, gandeiro ecolóxico da Fonsagrada. Esta mesa será moderada por Ruth Rodríguez Bermúdez, profesora interina na área de Produción Animal da Facultade de Veterinaria.

Xoves 28 de abril – Chamamento á participación cidadá para construírmos entre todas  espazos saudábeisUNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo)
https://extension.uned.es/actividad/27061&codigo=DINAM

18:00 – 18:15 Relaximaxinativo da man de Celsa Sánchez Vázquez
18:15 – 20:00 Xornada de debate guiado por Adela Figueroa Panisse (presidenta ADEGA-Lugo)

A participación cidadá como ferramenta para trazar o camiño en armonía co medio e todas as especies que o habitan, recoñecendo os problemas ambientais actuais, e atopar as posíbeis solucións, tanto a nivel particular como de comunidade sen deixar a ninguén atrás.

Venres 29 de abril – Decrescimento, colapso e transición

17:00 – 18:30 Mesa redonda: Transición Enerxética EPS de Enxeñaría (Sala de Xuntas)
Participan nesta mesa Tonio Nogueira, do grupo de traballo Emerxencia Ambiental de ADEGA, Aranza González portavoz da plataforma veciñal Aire Limpo nas Mariñas – Mandeo, Jose Antonio Eiras Vila de Nosa Enerxía e Gonzalo Pérez Vázquez da CMVMC Tameiga.

20:00 – 21:30 Conferencia Decrescimento e Colapso con Carlos Taibo UNED Lugo (Para participar é preciso inscribirse a través da sede electrónica da UNED Lugo) https://extension.uned.es/actividad/27062&codigo=XATPI

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s