A rede de colectivos contra minaría destrutiva ContraMINAcción presentou alegacións no trámite administrativo iniciado no Concello de Triacastela para tentar legalizar a mina a ceo aberto que Cementos Cosmos S.A. veu explotando de forma ilegal durante as últimas catro décadas e que neste momento se encontra paralizada por non contar con licenza municipal, sendo esta só unha…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitaria
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños analiza o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados O goberno da Xunta fachandea de que Galiza é a segunda comunidade autónoma en contar cun Plan Director da…
Exposición “Vida silvestre do encoro de Cecebre” en Arteixo
Comprácenos anunciar que as obras presentadas ao I Certame de Debuxo de Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre” están expostas na Aula da Natureza de Arteixo (Travesía de Arteixo 309- A) ata o 25 de abril, e pódense visitar de luns a venres de 10 a 13 horas. Un total de 88 artistas (51 nenos e 37 adultos)…
Algho cheira mal
Faltoulle tempo á realidade para deixar en evidencia ao director de ENCE en Pontevedra, Antonio Casal, que aseguraba nunhas declaracións públicas hai un par de días que tras a parada técnica anual, a fábrica ía ser un modelo en emisións olorosas e fumes. Onte mércores, CELULOSAS cheirou coma nos seus mellores momentos e a presenza…
ADEGA e outros membros do Foro do Camiño Primitivo recorren no TSXG a delimitación oficial desta vía histórica
O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA desde hai preto de 4 anos, impugnou o decreto de delimitación oficial do Camiño Primitivo de Santiago (267/2012, de 5 de decembro), mediante recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG). O Foro do Camiño solicita o amparo dos Tribunais por entender que…
Verdegaia apoia as reclamacións de SOS Panadeira
Verdegaia súmase ás reclamacións de SOS Panadeira e dos veciños e veciñas de Sanxenxo que rexeitan totalmente o proxecto de construción dun peirao no porto deportivo Juan Carlos I que lles afecta directamente a praia dos Barcos e a praia da Panadeira. Sumámonos tamén á solicitude de petición a Portos de Galicia de anulación da concesión outorgada….
Plano Director da Rede Natura: o novo PXOM de Feijóo e Hernández
Facer do que debería ser unha excepción, regra; considerar como permitido o que debera ser autorizábel e como autorizábel o que debera estar proibido, coa fin de baleirar de contido as proteccións ambientais, “pontear” a Directiva de Hábitats e arrogarse a potestade de autorizar discrecionalmente calquera cousa, é o espírito deste Plano de Deconstrución da…
Memoria: Encontro Galego de Educación Ambiental
O 25 de xaneiro de 2014 celebrouse o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, nas instalacións do Centro de Interpretación Ambiental de Santiago de Compostela. O encontro foi promovido pola Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega…
Encontros Naturalistas 6-04-14: I Sondaxe GCT-SECEM Ibérica de Teixugueiras
Nos encontros naturalistas de abril aprenderemos unha chea de cousas interesantes sobre o teixugo (Meles meles) da man dun experto na materia, Xosé Pardavila, biólogo e membro do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (G.E.A.S.). Ademais de afondar no coñecemento desta especie, Xosé daranos as claves para participar na I Sondaxe Ibérica de Teixugueiras, organizada…
As organizacións ecoloxistas piden á Xunta que remate coa caza de aves en perigo de extinción en Galiza
Na xuntanza do Comité Galego de Caza celebrada o pasado 21 de marzo, o representante das organizacións ecoloxistas pedíu á Xunta que prohiba a caza da conícora (ou avefría) e da agacha (ou becacina) en Galiza a partires da vindeira tempada 2014-15, alomenos até que se aproben os respectivos “planos de recuperación” obrigatorios por lei…
Denunciamos a Cementos Cosmos por operar sen licenza
A rede de colectivos contra a minaría destrutiva ContraMINAcción ven de denunciar á empresa Cementos Cosmos por ter reiniciado actividades na mina a ceo aberto en Vilavella (Triacastela) no pasado sábado saltando a orde de paralización de actividades por carecer de licenza urbanística que existe desde setembro do ano pasado. Ademais da ausencia de licenza municipal,…
Encontro Cicloturista 2014 de Verdegaia
Un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo parte do río Miño, dende o interior de Galicia, pasando por Portugal e chegando a costa ate rematar en Baiona. Esta nova iniciativa de Verdegaia pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte totalmente ecolóxico…