A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra ten presentado recursos de alzada contra a decisión da Xunta de Galicia de actualizar as AAI a ENCE e a ELNOSA, dúas resolucións que ao entender da nosa asociación conculcan os dereitos da cidadanía e atentan contra a defensa do medio ambiente. Ambas resolucións da Xunta teñen…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Centos de aves mariñas abeiradas
Este inverno está a ser moi duro para as aves mariñas, especialmente os álcidos: no deixan de chegar ás nosas costas cadáveres, e algún que outro individuo moribundo (Ver nova da SEO). ¿Está a haber unha mortandade elevada de álcidos? ¿Cantos terán morto, aproximadamente, de cada especie? ¿Cómo poderá afectar ás colonias de cría? ¿Morren…
Proxecto Charcas con Vida: Novas actividades en 2014
Coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas; ADEGA ven de presentar a programación de Charcas para 2014 da man da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza. Verónica Tellado, Directora Xeral de Conservación da Natureza, xunto con Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA e Lucía Parente Coordinadora de Charcas con…
Compostela: Lavándolle a cara ás fontes ou como o concello se desentende da auga
Limpas e relucentes quedaron as fontes de Compostela despois da restauración emprendida polo Concello nestes pasados meses. E xa que son tempos de emprender, como di Feixoo, queremos enviar os nosos parabéns ao concello pola súa implicación co patrimonio desta vila (unha implicación de máis de 90.000€!). Mais queremos furgar novamente no asunto, porque este…
I Maratón ornitolóxica na Reserva da Biosfera MCeTM
A maratón ornitolóxica é unha actividade lúdica que consiste en identificar por equipos o maior número posible de especies de aves silvestres dentro de cada un dos municipios da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e A Coruña nun tempo determinado. O obxectivo é achegar o avistamento e a identificación de aves…
ADEGA e SomosCedeira esixen un estudo de impacto ambiental para o recheo da praia da Madalena
ADEGA e SomosCedeira consideramos que é perceptiva a elaboración dun estudo de impacto ambiental previo ás actuacións, xa que a zona de actuación atópase dentro dun espazo, a Reserva Mariña de Interese Pesqueiro de Cedeira, protexido por acordos internacionais. Amais do recheo, a construción dunha estrutura fixa -dique de encauzamento do río Condomiñas- como pretende a…
Dime do que presumes…
Se algo caracteriza á fábrica de ENCE –amais do seu selo específico de empresa contaminante e destrutora da calidade de vida e a saúde, probado mesmo pola vía xudicial- é o seu desmedido afán por pregoar unhas supostas bondades sociais e ambientais das que carece. Como se dos ollos do Guadiana se tratase, a súa…
O dragado da ría do Burgo podería aumentar os niveis de contaminación das augas
Ante a proposta de rexeneración da ría do Burgo elaborada polo Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), que a finais do ano pasado fixo público o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Sociedade Galega de Ornitoloxía, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural, Rabo do Galo e Sociedad Española de…
Balsa mineira do Monte Neme: 23 mil m3; balsa de Corcoesto con arsénico e cianuro: 11 millóns de m3. Xunta: Todo controlado?
ADEGA quere expresar a súa solidariedade coa cidadanía afectada pola enxurrada da balsa mineira carballesa, veciñanza e concello que por certo veñen reclamando dende hai meses á Xunta un plano de seguranza para esta instalación, plano que agora chegará tarde. Resulta curioso que este accidente aconteza nunha comarca arestora ameazada pola maior explotación de ouro…
Vai de Roteiros! polo esteiro do Miño
Verdegaia organizará o vindeiro domingo 16unha nova actividade encadrada no seu programa de roteiros“Vai de roteiros!”,desta volta polo Esteiro do Miño. A saída realizarase en autobús de liña ás 9:50 h. dende a estación de autobuses de Vigo, para comezar a camiñar sobre as 11:30 h. na parroquia de Salcidos (A Guarda). A volta a Vigo…
ADEGA alega contra a tala da Carballeira de Arandedo, espazo singular en Baralla
ADEGA vén de presentar alegacións á petición de corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo, na parroquia de Constantín, no concello de Baralla, en Lugo. A zona de afectación ocupa unha superficie dunhas 7 hectáreas, que abarcan case a totalidade da carballeira. Unha vez…
ADENCO denuncia ante a Unión Europea as obras nas beiras do río Tea en Mondariz e Ponteareas
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciar ante a Unión Europea aos Gobernos do Estado Español, da Xunta de Galicia e dos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras que nos últimos tempos se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme…