ADEGA vén de presentar alegacións á petición de corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo, na parroquia de Constantín, no concello de Baralla, en Lugo. A zona de afectación ocupa unha superficie dunhas 7 hectáreas, que abarcan case a totalidade da carballeira. Unha vez…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
ADENCO denuncia ante a Unión Europea as obras nas beiras do río Tea en Mondariz e Ponteareas
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén denunciar ante a Unión Europea aos Gobernos do Estado Español, da Xunta de Galicia e dos Concellos de Mondariz e Ponteareas polas obras que nos últimos tempos se realizaron nas beiras do río Tea, con sucesivos paseos fluviais que alteraron o ecosistema e prexudicaron aos hábitats que fixeron posible que este espazo forme…
ADEGA denuncia varias plantacións ilegais de eucaliptos na provincia de Lugo
Os efectos nocivos do monucultivo de eucalipto son amplamente coñecidos, aínda así, parece que a Administración antepón os intereses económicos dun lobbyprodutivo aos intereses ambientais e sociais xerais. O aumento do cultivo do eucalipto vén ocorrendo nas últimas décadas da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falta dun modelo produtivo sostible,…
Encontros naturalistas Hábitat: 14 febreiro, Presentación do libro “Cuándo ver aves en Galicia”
Nos Encontros Naturalistas de febreiro contaremos con dúas das grandes figuras da ornitoloxía galega: Antonio Sandoval e Damián Romay, socios do G. N. Hábitat e da SGO, que virán presentar seu libro “Cuándo ver aves en Galicia”. É un libro sobre ornitoloxía mais cun enfoque diferente: reúne destinos e propostas de actividades para a observación de…
Guerra suxa de SOGAMA contra a compostaxe para atallar a rebelión dos concellos
Na súa teima por presentar os seus vicios como virtudes, SOGAMA non dubida en subministrar información manipulada aos medios. Nun recente artigo nun xornal de tiraxe galega (que recibe da Xunta e SOGAMA cuantiosos ingresos vía publicidade/convenios), recollíase que a “valorización total” de SOGAMA superaba en porcentaxe á acadada polos ámetos de Nostián e Lousame….
Custodia Fluvial no Ulla, Umia e Lérez
O pasado venres 24 de xaneiro ADEGA apresentou os resultados do proxecto “Custodia Fluvial no Ulla Umia Lérez” que decorreu entre os anos 2010-2013. O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez é unha iniciativa que comezou no 2010 da man de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e que contou con fondos…
Paso atrás da UE na loita contra o cambio climático para contentar a eléctricas e nucleares
As propostas feitas públicas este día 22 pola Comisión Europea no Libro Brancopara loitar contra o cambio climático na UE ameazan con derramar o progreso realizado até hoxe no continente na redución de emisións, o desenvolvemento das enerxías limpas e a eficiencia enerxética. A Comisión propón para o 2030 unha redución interna do 40% nas emisións de gases…
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños presentará alegacións ao PXOM de Cabana.
A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños estudará nos próximos días o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cabana de Bergantiños cuxa aprobación inicial está a exposición pública durante o prazo dun mes, e presentará alegacións para defender o nivel de protección que teñen os montes de Corcoesto na actualidade, de solo rústico de…
Mobilización contra a construcción de novos pantaláns en Sanxenxo
Diante da reanudación das obras dos pantaláns no porto deportivo do Náutico de Sanxenxo, unha obra que foi rexeitada tanto pola cidadanía coma polas autoridades municipais polos seus efectos negativos sobre as praias de O Barco e Panadeira e que foi denunciada nos tribunais de xustiza pola Plataforma SOS Panadeira, a Asociación pola Defensa da…
Salvemos a praia de Cedeira
A Plataforma Cívica SomosCedeira, xunta coa Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza (ADEGA) desexan manifestar públicamente a súa rotunda oposición aos plans anunciados nos medios de comunicación pola Demarcación de Costas de Galicia e o Concello de Cedeira, relativos ao propósito de volver a facer recheos de area, a sabendas que só servirá para enganar ao…
A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento Europeo
Unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo estará o vindeiro día 20 de xaneiro en Bruxelas para facer visible o grave impacto que a mina de ouro que se pretendía desenvolver en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da…
Estupor polo nomeamento de José Luis Torres Colomer como presidente da Xunta Consultiva do Parque Natural de Corrubedo
Verdegaia considera que o señor Torres non é a persoa adecuada para este cargo, por carecer de recoñecido prestixio científico ou técnico no ámbito da conservación da natureza e porque, pola contra, durante a súa traxectoria política levou a cabo actuacións que comprometeron gravemente o ambiente e o medio natural. O pasado 16/12/2013 celebrouse a…