Investigadores/as do CSIC veñen de cuantificar a perda de fertilidade dos solos polos incendios. Ao impacto dos lumes engádese a erosión e a perda de nutrientes que provocan. As medidas paliativas e de rexeneración nos espazos queimados son nulas. A política criminal da Xunta: Nin fai nin deixa facer Malia a coñecermos dende hai anos…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Encontro galego de educación ambiental. Novos escenarios, novas miradas
A Federación Ecoloxista Galega-FEG, o grupo de investigación Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Galega de Educación Ambiental-SGEA convocan o Encontro galego de educación ambiental: novos escenarios, novas miradas, que terá lugar o 25 de xaneiro de 2014. O encontro quere ser un espazo no que coñecer iniciativas concretas…
Premios Osíxeno e Dioxina 2013 ás millores e piores actuacións ambientais do pasado ano
Un ano máis, e van xa 13 edicións, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO eDIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA). En 2009 instituiuse o premio OSÍXENO DE HONRA para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que na súa primeira…
ContraMINACCIÓN rexeita a tosca manipulación á que se presta o Colexio Oficial de Xeólogos a través do seu presidente
O contido da declaración non deixa lugar a dúbidas da súa postura totalmente en liña cos intereses empresariais dos promotores do proxecto, sen que sexa doado distinguir onde comeza a posición do Colexio e onde remata a da empresa. Talvez este sexa o motivo polo que se cae nos mesmos argumentos, tantas veces cuestionados por…
Paseo ilegal no río Umia
A obra de apertura de camiño levada a cabo pola Escola Obradoiro de Cambados, comeza na ponte de Barrantes, e nos primeiros metros o trazado do paseo vai sobre un camiño preexistente, pero á altura de Covas de Lobos ábrese un camiño novo abríndose paso a través da vexetación de xunqueira, en zona inundable. Esta…
SGHN e Verdegaia denuncian a presenza de cans sen control na Frouxeira
A Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia denunciaron que hai cans sen control na Frouxeira, en Valdoviño. Isto fai perigar e provoca o abandono de aves migratorias. A presenza diaria de numerosos cans soltos e sen control na praia, sistema dunar e na lagoa da Frouxeira, no municipio de Valdoviño, está provocando “graves efectos…
Os concellos en SOGAMA poderían reducir un 50% os residuos (e os custos) con sinxelas medidas
Consellos para reducir, reciclar e aforrar nos custos do lixo dende o minuto 1 Apostar por modelos máis ecolóxicos, económicos e solidarios na xestión dos residuos non só é unha cuestión de cartos. Con valentía política e compromiso coa cidadanía pódense pór en marcha iniciativas para reducir dende xa a dependencia de SOGAMA Desengancharse de…
Admitido a trámite o recurso presentado pola APDR contra o Plan Sectorial do Porto de Marín
A Autoridade Portuaria do Porto de Marín está a realizar outro novo intento de evadir o cumprimento da sentenza ditada polo Tribunal Supremo no ano 2009 que obriga a retirar os recheos que permitiron gañar ao mar máis de 300.000 metros cadrados, modificando os parámetros hidrodinámicos da zona interna da Ría de Pontevedra coa conseguinte…
Verdegaia propón que Vigo abandone SOGAMA
Verdegaia ven de propoñerlle ao concello de Vigo que asuma con firmeza a súa oposición a SOGAMA e opte por un sistema alternativo de xestión de residuos no que prevaleza a reciclaxe e a compostaxe. A subida no canon que os concellos pagan a SOGAMA pon de manifesto a insustentabilidade, tamén financeira, dun proxecto que…
O PP sácase a careta no tema de ENCE
Aínda que para a meirande parte da cidadanía era evidente que cando o Partido Popular fala da súa posición contraria á permanencia de ENCE-ELNOSA en Lourizán faino coa boca pequena e só por motivos electorais, por se alguén tiña dúbidas, as recentes declaracións de distintos portavoces populares veñen deixalo claro. O PP sácase a careta…
Encontros Naturalistas 27/12: Lince, con Carlos Nores
O vindeiro venres 27 de decembro contaremos de novo cun interesante relatorio do Dr. Carlos Nores, Profesor da Universidade de Oviedo, Subdirector da fundación Oso Pardo e do INDUROT (Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio) e especialista na bioloxía, distribución e conservación de mamíferos. Nesta ocasión virá a falarnos do lince ibérico e da súa presenza…
150.000€ a dedo na Deputación da Coruña para unha entidade instrumental con 25 socios
Convenio: Proxecto Experimental de Compostaxe Doméstica con AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) entidade sen experiencia nen traxectoria ambiental ADEGA vén de coñecer que A Deputación da Coruña aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa entidade AGADES (Asociación Galega de Desenvolvemento Social) por un importe total de 170.000€, achegando a entidade provincial 150.000€. O…