A ORGACCMM alerta de que o Partido Popular impulsa varias modificacións da lei de montes veciñais en man común actualmente vixente mediante a lei de acompañamento os orzamentos xerais de Xunta de Galiza para o ano 2022. Indican que se sae adiante esta lei, bastara con que a Conselleria do Medio Rural declare un monte veciñal…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Ecoloxistas e sector do mar da Arousa rexeitamos o novo intento da empresa de reabrir a mina de Touro
O 25/11/2019 a Xefatura Territorial da Consellería de economía, emprego e industria (CEEI) require á mercanti Explotacións Gallegas S.L. (EXGA) un proxecto integral de drenaxe da mina de cobre abandonada de Touro. O 02/03/2021 reitera o requerimento sen que se executara o proxecto temporal autorizado previamente (2018). Así, nestes 3 anos, esas augas contaminadas continuaron…
IX certame de debuxo da natureza “Vida silvestre no encoro de Cecebre”
Chegamos xa á 9ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o IX CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “A vida a rentes…
A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos
ADEGA vén de trasladar ao Ministerio as súas propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos científicos e obxectivos pretenden contribuir a mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é xa irreversíbel. Unha poboación de lobo estancada dende hai 30…
A “APDR” contraria á conexión das augas residuais do Polígono de Sequeiros á EDAR de “Os Praceres”
Recollían días atrás os medios de comunicación a nova de que o Alcalde de Barro, Sr. Abraldes, propuña conectar as augas residuais do polígono de Sequeiros á EDAR de Os Praceres, unha idea coa que na APDR non podemos concordar e que agardamos sexa rexeitada polo Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Debemos…
O Plano Hidrolóxico da Xunta non dá resposta aos retos do cambio climático
ADEGA vén de facer achegas ao plano hidrolóxico Galiza-Costa (PHGC) para as bacías que xestiona a Xunta. O documento está lonxe de dar resposta aos efectos da mudanza climática e á blindaxe dos nosos ecosistemas humidos para manter os servizos que estes prestan á sociedade. Ausencia dun Plano de Resiliencia: preparármonos para amortecer os impactos…
ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas
O Grupo Ecoloxista ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas, unha actividade didáctica en torno ao mundo dos cogomelos, que se ven realizando en Mondariz Balneario desde 1990 e que este ano, logo da pandemia, chegan á súa XXXI edición. As actividades micolóxicas que se proxectan son roteiros micolóxicos pola vila e unha exposición…
Aberto o prazo de inscripción para a X promoción da escola de Naturalistas
Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a X promoción da nosa Escola de Naturalistas! Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos…
A Xunta financia a manipulación dos máis cativos sobre as “bondades” do eucalipto
ADEGA asiste alarmada á última campaña “educativa” que está a desenvolver o lobby do eucalipto nos centros de ensino públicos de Galiza e advirte aos docentes e á sociedade galega en xeral da intención desta campaña que, malia a presentarse como a de “dar a coñecer o sector forestal galego”, en realidade pretende infundir entre…
Novembro Brigadista: sábado 20 en Lentille e domingo 28 en Froxán
En novembro, brigada dobre: o sábado día 20 en Lentille (O Ribeiro) e o domingo día 28 en Froxán (Lousame). Ambas imperdíbeis! Vémonos no monte! LENTILLE, 20N #BrigadasDesacaciadoras A Asociación Veciñal de Lentille ven de convocar de novo as Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo contínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con…
TOUROLEAKS 7: A Xunta mantén aberta a posibilidade de autorizar o proxecto mineiro de Touro que rexeitou en febreiro pasado
8 meses despois de denegar o proxecto, a Xunta aínda non resolveu o recurso de reposición presentado pola mineira en marzo. Aínda que o silenzo é negativo pasado un mes, a lei obriga a unha resolución expresa, que mesmo podría ser estimatoria… Un proxecto “zombi” que a Xunta mantén artificialmente aberto O proxecto mineiro de…
ADEGA denuncia a ocupación ilegal con eucalipto dunha superficie equivalente a uns 200 campos de fútbol desde a moratoria
Hoxe, 26 de outubro, día no que entra en vigor o novo Plan Forestal de Galicia 2021-2040, ADEGA dá conta dos primeiros resultados da súa campaña de denuncia contra plantacións ilegais, que intensificou desde o pasado mes de abril, tras a vaga eucaliptizadora provocada pola moratoria anunciada pola da Xunta de Galiza para as novas…