O concello de Teo, como algúns outros en Galiza, aprobou o pasado ano unha moción a prol da biodiversidade e contra a eucaliptización que incluía unha solicitude ao Ministerio (de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente) para a inclusión do eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras. A novidade é que o…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
O actual sistema eléctrico e as políticas fronte o Cambio Climático centraron o debate das Xornadas de Enerxía e Clima de Lugo
O 91% da enerxía que se consume en Galiza é de orixe fósil A Deputación de Lugo desenvolveu onte, coa colaboración do colectivo ecoloxista ADEGA, unha Xornada sobre Clima e Enerxía, que xuntou varios expertos sobre cambio climático e sobre o sector enerxético galego. A xornada enmarcouse no programa de actos da Deputación sobre a…
10.000 árbores autóctonas máis para Froxán. O teu apoio para froxanizar Galiza!
-O proxecto de conservación dos montes de Froxán foi preseleccionado de entre 150 de todo o mundo para competir con outros 13 nunha votación pública global que finalizará o 23 de marzo. -Calquera persoa pode votar polo proxecto neste link: bit.do/froxan -A European Outdoor Conservation Association financiará con ata 30.000 euros o proxecto ambiental máis…
Compostaxe? Será por cartos…!
O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente abre de novo a convocatoria de axudas PIMA para mellorar a xestión de residuos, en concreto a separación da materia orgánica e compostaxe. O obxectivo destas axudas é promover actuacións que permitan reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), de feito do total…
ADENCO considera positivo que se atendan as súas demandas e se fagan actuacións para evitar os verquidos no río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO considera positivo o recente anuncio da realización de actuacións por parte da Confederación Hidrografica Miño Sil para a mellora do saneamento do casco urbano de Ponteareas e a depuradora do concello na Moscadeira. Desde o Grupo Ecoloxista vaise estudar o proceso de licitación anunciado pola entidade hidrográfica e a seguir controlando…
A APDR ante as declaracións sobre o dragado do Lérez do Presidente de Portos de Galicia
Cando vai transcorrido máis dun ano desde que rematou o prazo de presentación de alegacións ao proxecto de dragado do río Lérez e Ría de Pontevedra, un procedemento no que a Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) ten participado, o futuro desta actuación segue sendo unha incógnita a pesar das continuas declaracións públicas dos responsábeis…
A Confederación Hidrográfica abre un novo expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais ao río Tea
O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio dun novo expediente sancionador contra o Concello de Ponteareas por verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea. Nesta ocasión o expediente sancionador aberto pola Confederación ven derivado dun verquido directo de augas residuais ao cauce do río…
Roteiro por Montefurado – Quiroga
O vindeiro domingo, 11 de marzo, ADEGA-Lugo convídate a un roteiro por Montefurado, no concello de Quiroga, para coñecer a minaría romana e os restos desta antiga actividade que aínda son evidentes na comarca. A andaina pertence ao programa de roteiros 2017-2018 chamado “20 anos camiñando con ADEGA-Lugo” e que recolle as mellores rutas destas…
A XUNTA confirma a presenza de lindano en Ponteareas e require á empresa onde se depositaron as terras a que retire os restos que aínda están no lugar
Despois da denuncia presentada ante a Valedora do Pobo e as solicitudes realizadas en reiteradas ocasións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente, a Xunta vén de comunicarnos, a través da da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, que logo das últimas análises, aínda hai terras con lindano en…
Atalaya Mining esfórzase por disfrazar a realidade destrutiva do seu proxecto mineiro en Touro
Promotores da mina de Touro din o contrario do que revela a súa herdanza mineira noutras partes de España e noutros continentes. ContraMINAcción contesta que “a minaría si contamina, si xera vertidos e si afecta profundamente a poboación local”. Non hai, como pretende mostrar o Sr. Lavandeira minería aséptica e con vertidos e contaminación 0/0. Na entrevista a modo…
Roteiro de Alerta Temperá de EEI no río Vea
ADEGA e o Proxecto Ríos, en colaboracion coa Asociación A Xesteira de A Estrada, convocan ao voluntariado a participar nun roteiro para a Alerta Temperá de especies exóticas invasoras na Ruta dos Muíños no río Vea, afluente do Ulla e que pertence ao ZEC Ulla-Deza. Será o sábado 10 de marzo. A idea da actividade…