O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre o inicio do expediente sancionador derivado dos verquidos de augas residuais sen depurar ao río Tea, logo das denuncias presentadas nas últimas semanas por este colectivo, nomeadamente logo do verquido do 12 de novembro do 2017. As denuncias presentadas nas últimas…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Ciclo Conferencias da APDR: “30 anos na defensa no medio
MÉRCORES 21 DE FEBREIRO Fundamentos biolóxicos das alteracións dos transvasamentos nas bacías hidrográficas. FERNANDO COBO, Director do Centro de Hidrobioloxía da USC. Presenta Fernando Malvar, membro da Plataforma para a Defensa do rio Verdugo. Abórdase nesta charla a problemática dos transvasamentos, un tema que cobra actualidade polo pretendido na bacía do río Verdugo, e de…
Verdegaia apoia a tractorada-manifestación contra o proxecto mineiro de Touro convocada para o día 25
Verdegaia reitera a oposición ao proxecto de Atalaya Mining para Touro-O Pino, por representar unha grave ameaza para esa comarca. O proxecto é devastador polos seus efectos para saúde das persoas que viven no entorno, os seus modos de vida sustentables e o medio natural. A gran cantidade de material que se prevé mover para…
Demoledor informe de Agricultura contra a mina de ERIMSA en Mesía: a que agarda Industria para rexeitar o proxecto?
8 meses despois da emisión por parte de Medio Rural do informe preceitivo sobre o proxecto de mina de seixo en Mesía, e tras reiteradas peticións dende o Parlamento por parte do grupo do BNG, vimos de coñecer o contido deste informe. As conclusións son rotundas e demoledoras: “…esta Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e…
Vespa velutina (avespa asiática) Charla informativa e elaboración de trampas
O vindeiro venres 16 de febreiro Vaipolorío e a Asociación de Veciños de Salcedo dará unha charla informativa no Centro social de Cabanas- Salcedo sobre o problema da vespa Vetulina e medidas a tomar para combatela.
A APDR denuncia de novo a campaña de lavado de imaxe de ENCE
Dous feitos recentes móvennos a expresar de novo publicamente o noso rexeitamento á campaña de lavado de imaxe que ENCE, empresa responsábel en grande medida da contaminación da ría e da eucaliptización do país, vén desenvolvendo con ánimos renovados nos últimos tempos, unha política que nunca ten abandonado e que basea na compra de vontades…
A Confederación Hidrográfica multa a Unión Fenosa por talas non autorizadas nas beiras do Tea e por danos ao dominio público hidráulico.
O Grupo Ecoloxista ADENCO recibiu estes días a comunicación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre a resolución do expediente iniciado hai uns meses contra Unión Fenosa por danos nas beiras do río Tea en Ponteareas. Concretamente, a raíz dunha denuncia do colectivo ambientalista, a Confederación iniciou un expediente sancionador contra a multinacional eléctrica, por danos no…
Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2017
Na 17ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental, este 2017 xiran arredor da xestión dos montes, a lei de depredación, os lumes e os eucaliptos. Premio Osíxeno de Honra 2017 Este ano o premio Osíxeno de Honra quere…
A APDR presenta achegas ao Borrador do plan Forestal Galego
O borrador da 1ª renovación do Plan Forestal Galego (PFG), ven de ser sometido a un proceso de consultas previas coas administracións e os sectores interesados na xestión forestal. Nesta fase, a Asociación pola defensa da Ría (APDR), ven de colaborar no documento de achegas que a Federación Ecoloxista Galega, membro do Consello Forestal Galego,…
Feijóo deixa sen protección ao acivro abrindo moitos bosques a motoserras e eucaliptos
No DOG deste xoves 8 e aproveitando a modificación do Observatorio de Educación Ambiental, atopámonos coa sorprendente nova da derrogación do decreto que declaraba protexido ao acivro dende 1984. Esta lamentábel feito sorprende pola forma e o contido. Primeiro, polo xeito subrepticio de modificar pola porta de atrás lexislación ambiental aproveitando unha norma que nada…
A Valedora inicia actuacións ante o concello de Ponteareas e a Xunta polos aterramentos de lindano
A Valedora do Pobo, tras solicitude do Grupo Ecoloxista ADENCO, ten iniciado esta semana actuacións ante o Concello de Ponteareas e a Consellería de Medio Ambiente. En concreto ten requerido ás dúas administracións que nun prazo de 15 días faciliten a información sobre os aterramentos con terras contaminadas por lindano en Ponteareas solicitada por ADENCO….
2 de Febreiro, Día Mundial dos Humidais
VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Venres 2 de febreiro do 2018 SAÍDA:ás 17:00 h da estación de autobuses de Pontevedra DURACIÓN APROXIMADA DA ACTIVIDADE :2 horas Amancio Castro de Vaipolorío falará e amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos…