2 de Febreiro, Día Mundial dos Humidais

VISITA GUIADA ÁS BRAÑAS DO RÍO TOMEZA (GAFOS) DÍA:Venres  2 de febreiro do 2018 SAÍDA:ás 17:00 h da estación de autobuses de Pontevedra DURACIÓN APROXIMADA DA ACTIVIDADE :2 horas  Amancio Castro de Vaipolorío falará e amosará a riqueza biolóxica deste espazo Co gallo desta data Vaipolorío un ano máis celebra e participa no Día Mundial dos…

Estrea do documental “Fóra”

A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), fai un chamamento ao conxunto da sociedade pontevedresa, e moi particularmente aos socios e socias da asociación ecoloxista, para que asistan o próximo VENRES DÍA 2 DE FEBREIRO, ás 21 horas, á estrea no TEATRO PRINCIPAL do documental “FÓRA”, un documental dirixido por Rodrigo Cota e…

Perante a confirmación da contaminación por lindano en Ponteareas ADENCO esixe actuacións ao Concello e á Xunta

Esta semana o Concello de Ponteareas vén de confirmar a existencia de aterramentos con terras contaminadas por lindano na parroquia de Xinzo.  Esta confirmación prodúcese mes e medio despois de que o Grupo Ecoloxista ADENCO presentara varios escritos ao concello de Ponteareas e ante a Consellería de Medio Ambiente solicitando información sobre estes posibles aterramentos…

O Concello de Ponteareas perde poboación por sétimo ano consecutivo e as previsións do PXOM están, de novo, en dúbida

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) o Concello de Ponteareas volveu perder poboación no pasado ano, concretamente 70 persoas, o que supón o sétimo ano consecutivo de pérdida de poboación. Esta circunstancia xa fora denunciada no seu momento polo Grupo Ecoloxista ADENCO nas alegacións que presentou en tempo e forma…

Os campionatos de caza de raposo: un absurdo e cruento anacronismo

Xa hai 13 anos que comezaron en Galicia os campionatos do raposo. O próximo celebrarase o 3 de febreiro, a IX Copa España de Caza de Raposo, en montes de Cotobade (que sufriu a vaga de lumes de outubro), Cerdedo e Forcarei. Trátase de celebracións nas que se premia á cuadrilla que logra matar o…

Encontros Naturalistas (xaneiro 2018): Os visóns en España

Continuamos con forza neste 2018 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas.  Nesta ocasión contaremos unha vez máis coa inestimable compañía do Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos, que virá a falarnos sobre os visóns presentes en España: o…

Comunicado sobre a morte a tiros dun lobo en Valiñas (Barro)

O martes un veciño de Barro atopou un lobo morto no lugar de Valinas. O animal levaba menos de tres días morto e conta con tres orificios que sinalan posibles perdigóns. As organizacións asinantes solicitamos que se investigue este feito que ao coincidir coa celebración do recente campionato de Pontevedra de caza de raposo (proba…

O PP non quere ecoloxistas na Comisión dos lumes

A recentemente criada “Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia” non contará desta volta coa comparecencia dos colectivos ambientalistas galegos. Malia a que diversos grupos propuxeron a comparecencia de representantes ecoloxistas, o PP vetou esta posibilidade. O grupo…

A Confederación abre dilixencias de investigación polos verquidos da depuradora de Ponteareas ao río Tea

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten recibido notificación da apertura de dilixencias de investigación en dous expedientes abertos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Estas actuacións veñen derivadas das diferentes denuncias realizadas polo Colectivo ecoloxista nas últimas semanas en relación con verquidos ao río Tea de augas sen depurar directamente da depuradora de Ponteareas. O Grupo Ecoloxista, que…