Este Nadal, agasalla ecoloxismo!

As festas do Nadal coinciden co maior pico de consumo anual. Para o ambiente, o que comeza cun venres negro, remata co mes máis escuro do ano: aumenta o desbaldimento de electricidade e de auga, e os excesos pasarán factura á nosa saúde, economía, ambiente… Se estás pensando en facer agasallos, prioriza a túa creatividade…

ADENCO denuncia un novo verquido da depuradora de Ponteareas ao río Tea

Este pasado sábado tivo lugar outro atentado ambiental contra o río Tea. Nesta ocasión, a agresión ao espazo protexido pertencente á Rede Natura vén derivada novamente dun importante verquido realizado directamente desde a depuradora de Ponteareas, localizada no lugar da Moscadeira, ao curso fluvial. Tras ser verificado o atentado ecolóxico in situ por varios membros…

Posicionamento da APDR sobre a aprobación da revisión da AAI a ELNOSA

Esta semana, a Consellería de Medio Ambiente da Xunta deu a coñecer a súa decisión de aprobar a revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) a Elnosa. Unha decisión política, por moito que o goberno do Partido Popular intente facela pasar por meramente técnica, coa cal a Xunta ignora as demandas tanto dunha grande parte da…

ADEGA e outras 17 organizacións galegas levamos ao Parlamento Europeo as desfeitas da industria do eucalipto

No marco das xornadas Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización organizadas polo grupo GUE/NGL do Parlamento Europeo, 18 organizacións levamos a Bruxelas a problemática do eucalipto na Galiza. Intervención de ADEGA no Parlamento Europeo O desleixo da Xunta de Galiza co patrimonio cultural galego. A problemática dos incendios. Bruxelas, 7 de decembro de 2017….

Xornadas sobre os montes galegos

Con motivo dos recentes incendios en Vigo, producíronse reunións de diversos colectivos e persoas individuais que deron lugar á Plataforma Terra Viva. Esta plataforma está formada por: BNG, CIG, CUT, EQUO, LAGARES VIVO, MAREA DE VIGO, PODEMOS XERACIÓN MORADA e VERDEGAIA. Decidiuse organizar unhas xornadas sobre as causas, consecuencias, extinción, estado do monte e, sobre…

Perante a seca as medidas de aforro e eficiencia deberían antepoñerse aos transvases e captacións

ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións. Estas medidas deben complementarse cunha aposta decidida pola educación ambiental para mudarmos progresivamente o actual paradigma consumista, tendo en conta a cada vez máis escasa dispoñibilidade…

Cadea humana contra a continuidade de ELNOSA

Diante da posición do PP a favor da continuidade de ELNOSA na Ría máis alá do 29 de xullo do 2018 (data na que finaliza a sua concesión administrativa), a APDR convoca unha CADEA HUMANA para este SÁBADO 9 DE DECEMBRO ÁS 12:30 HORAS PARTINDO DA PRAZA DA LIBERDADE (detras do edificio de Afundación -antiga…

O salmón do Ulla ameazado de extinción pola reapertura da mina de Touro

Un estudo publicado recentemente na revista Environmental Pollution amosa que analisando os metais pesados nas escamas dos salmóns capturados no Ulla pódese medir o impacto da mina de Touro na contaminación de cobre (Cu) e o seu efecto nas poboacións de salmon. Os resultados indican claramente que as verteduras da mina a ceo abierto de…

Ponteareas, a solicitude de ADENCO, declárase concello libre de eucaliptos

O pasado martes o Pleno de Ponteareas decidiu aprobar a Moción, presentada por ADENCO e que foi defendida polo concelleiro de esquerda unida, na que se solicitaba a declaración de  concello libre de eucaliptos. Esta aprobación súmase á acontecida nos últimos meses noutros concellos do territorio galego. O Pleno aprobou tamén o acordo de que…