Veñen de saír á luz algúns aspectos considerados no novo Plan de Saneamento da Ría impulsado pola Xunta de Galicia, e hai algúns deles que non por agardados deixan de ser preocupantes. Tal como recollen os medios, o goberno galego ten decidido xa facer un novo emisario que vertería máis afora do punto no que…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
Posicionamento da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ao respecto da xestión dos montes e a eucaliptización da Comarca
A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo coincide e mesmo apoia a postura da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo sobre a conveniencia de que a política forestal galega non poida depender dos emporios -nomeadamente o lobbie de ENCE e a patronal madeireira- e que o aproveitamento forestal e a posta en valor…
Vaipolorío denuncia unha parcela ilegal e insaluble preto do río Gafos
Vaipolorío puxo en coñecemento da Dirección Xeral de Ferrocarris, Xefatura da Conselleria de Medio Ambiente de Pontevedra ,Augas de Galicia e do Concello de Pontevedra a acupación ilegal e insaluble dunha parcela do barrio do Couto en Salcedo (Pontevedra) A ESCASOS METROS DO RÍO TOMEZA-GAFOS E DO RESTAURADO MUÍÑO DE CABANAS.
Augas de Galiza confirma a alta contaminación por metais tóxicos dos efluentes da mina de San Fins
O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta e con novas analiticas, que algúns metais tóxicos sobardan os límites legais mesmo 1500m augas abaixo da mina. ADEGA xa denunciara que o proxecto de “Tungsten San Finx SL” de recuperar a…
Novas rebaixas nas ofertas de ENCE, deixar ver a súa propia cara
Vaia por diante que, como xa denunciamos no seu día, na APDR estamos en contra da instalación dunha planta de biomasa de ENCE en Lourizán, como estamos en contra da presenza da propia pasteira na Ría; pero, dito isto, cremos que coa decisión de non facer esta inversión na comarca, ENCE deixa ver -máis unha…
Identifican, por vez primeira na Península Ibérica, un cogumelo atopado nas Xeiras Micolóxicas de ADENCO
As Xeiras do Grupo Ecoloxista ADENCO son referente na formación e divulgación do mundo dos cogumelos nos concellos do Condado. Nos 27 anos ininterrompidos de Xeiras Micolóxicas se teñen realizado múltiples actividades didácticas como exposicións e saídas ao monte. Nesta ocasión, as Xeiras ofrecen unha interesante e sorprendente novidade de índole científica. Un cogumelo recollido…
O Movemento Ecoloxista esixe a aprobación dun P.R.U.X. á altura dun Parque Nacional para Illas Atlánticas
O documento leva case 14 anos de retraso incumprindo a propia Lei de Declaración do Parque. O Movemento Ecoloxista leva máis dunha década solicitando, tanto á Dirección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que se cumpra a Disposición Adicional Segunda da Lei…
Nova lei de patrimonio natural: protección discrecional e submisión da natureza aos intereses económicos
Co anteproxecto de lei do Patrimonio Natural de Galiza a Xunta pretende adulterar e rebaixar as obrigas de conservación. Consolida unha protección discrecional submetida ao urbanismo e co pouco disimulado obxectivo de privatizar o ambiente. . A norma coa que a Xunta quere substituir e “actualizar” a lei de conservación de 2001, supón a plasmación…
Os recadeiros de ENCE
Hai uns quince días, asistiamos en Pontevedra a un feito insólito… ENCE enviaba a uns propios á Deputación provincial cun importante recado da empresa. E o insólito non é que ENCE mande a alguén de confianza a levar un recado á Deputación; o verdadeiramente insólito -por escandaloso- é a identidade dos propios elixidos nesta oportunidade!…
Decreto do eucalipto: as bágoas de crocodilo da Xunta
O rascuño de decreto que supostamente limita os plantíos de eucalipto en determinadas áreas e que está a provocar reaccións a prol desta árbore nos concellos afectados, é pouco ambicioso, ambiguo e na práctica prohibe ben pouco… Fica claro que a Xunta está preocupada polo eucalipto. Logo de anos de “barra libre” e ollos pechados…
A APDR alega contra o paseo peonil e carril-bici aos Praceres
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) vén de presentar alegacións ao proxecto da “Unión do Itinerario peonil entre Marín e Placeres”, un proxecto que -en boa medida- entra en contradición coa aspiración da Asociación de recuperar a zona que hoxe ocupan algunhas infraestruturas viarias como a PO-11 e a PO-12 e o…
Resultados do Informe Anual 2016 do Proxecto Ríos
En 2016 o voluntariado do Proxecto Ríos determinou que o 34% dos ríos estudados en primavera tiñan moi bo estado de saúde; en outono foron o 42% dos casos. Con estado bo, as porcentaxes se distribúen da seguinte forma: 38% en primavera; 42% en outono. Para os estados moderado e deficiente temos as seguintes porcentaxes:…