ContraMINAcción celebra os III Encontros sobre Impactos da Minaría o próximo sábado 4 de marzo en Santiago de Compostela (Centro Socio-Cultural Vite), desde as 10:30 h, coa participación destacada de membros de diversas organizacións internacionais que fan parte da rede global Si á Vida Non á Minaría / Yes to Live No to Mining (YLNM),…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
ADENCO solicita á Xunta que de por rematado o procedemento administrativo da macroincineradora de biomasa de Mondariz
A Asociación Ecoloxista ADENCO ten presentado escrito perante a Consellería de Economía e Industria solicitando que de por rematado o procedemento administrativo da macroincineradora de biomasa de Mondariz. Esta solicitude preséntase despois da recente derrogación do Decreto 149/2008, do 26 de xuño, polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de…
Nova denuncia penal contra integrantes de ADEGA e da plataforma Lugo de Cara ao Miño
A empresa INCA, adxudicataria das obras e da explotación da minicentral da Fábrica da Luz de Lugo, presenta unha nova denuncia penal contra varios membros de ADEGA e da plataforma “Lugo de Cara ao Miño” por presunta coacción e por invadir supostamente unha propiedade que tiña alugada o pasado día 30 de agosto. Este día, a…
O Tempo da Aldea, Sociedade Cooperativa Galega gaña o III Premio “Río Tea á Defensa do Medio Ambiente”
Xa van tres edicións do Premio “Río Tea á Defensa do Medio Ambiente”, creado polo Grupo Ecoloxista ADENCO co obxectivo de destacar iniciativas de interese para o Medio Ambiente. Nas dúas edicións anteriores foron galardoados a veciñanza de Ribadetea na súa loita para evitar a aplicación de produtos fitosanitarios nos montes da parroquia e a…
O ´porta a porta´rural de San Sadurniño demostra a súa viabilidade
O Concello de San Sadurniño celebrou recentemente unha xuntanza veciñal en Naraío para dar conta dos resultados da recollida de lixo en varias zonas desta parroquia e da de Igrexafeita onde o ano pasado se introduciu o denominado “Porta por porta”. Un sistema consistente en achegar máis os colectores ás vivendas, en facer unha correcta…
ADENCO denuncia que a primeira enchente do ano destroza parte das obras de restauración da senda do Tea
As sendas fluviais volven ser exemplo de como malgastar e despilfarrar os recursos económicos en tempos de crise e de como xerar impactos ambientais a partir da acción da administración pública. A pesares das advertencias realizadas por parte do Grupo Ecoloxista ADENCO, as obras de “restauración” da senda fluvial desde A Freixa a Padróns desenvolvéronse…
Batidas de lobo en Cotobade: por que din “controis” cando queren dicir exterminio?
ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar “controis poboacionais” recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, polo que a Xunta seguíu dando permisos. ADEGA ten probas de que a loba que aparece neste video tería sido abatida semanas…
Lobo vivo – Lobo Protexido. Manifestación polo fin da matanza de lobos ibéricos
Un ano despois dunha histórica manifestación en defensa do lobo ibérico, esta especie emblemática séguese a desangrar, e a necesidade de reclamar a súa protección dende a rúa é máis urxente se cadra. O lobo é o controlador natural dos herbívoros salvaxes, e a súa presenza garante a saúde dos ecosistemas, por isto a Unión…
A APDR reúnese coa Deputación para falar do Pazo de Lourizán
Como resposta á solicitude cursada pola nosa Asociación á Presidenta da Deputación provincial de Pontevedra, Dna. Carmela Silva, para intercambiar opinións sobre o futuro do Pazo de Montero Ríos e a finca de Lourizán na que se atopa o amentado Pazo, esta mañá membros da APDR mantivemos unha xuntanza co deputado D. Carlos López Font,…
Medio millón de hectáreas de eucalipto en Galiza… ABONDA XA!
Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra nunhas 500.000 ha e aumentando. Xa cobre case o 17% de todo o territorio galego, mentras que en Portugal non chega ao 9%. A intensidade de ocupación do noso territorio é…
ENCE trata de confundir a cidadanía con falsedades e medias verdades
Volve á carga ENCE para tratar de confundir á cidadanía sobre a situación real dos seus vertidos á Ría, uns vertidos que -se poñan como se poñan- incumpren a actual lexislación. E pretenden negar a obrigatoriedade de cumprir a normativa de augas residuais urbanas acolléndose a un feito que nada ten que ver co asunto…
ADEGA solicita da Xunta a denegación dunha batida de lobos en Friol
ADEGA concibe as batidas e agardas de lobo coma unha medida de moi marcada excepcionalidade, e que unha medida tan drástica só debería ter lugar cando quedara demostrado non resultar efectivas a aplicación combinada das medidas preventivas e os pagos por danos. Recordamos que a caza do lobo por danos debe contar cun informe técnico…