Vía ciclista en Vigo, condición necesaria pero non suficiente

O Concello de Vigo ven de presentar o proxecto para unha vía ciclista que enlazará Samil con Teis. Dende Verdegaia aplaudimos a iniciativa na expectativa de que supoña un punto de inflexión na política de mobilidade que ven realizando a corporación local, recordemos que o alcalde foi presidente da Rede de cidades polo clima e…

Resposta da APDR ao vicepresidente da Deputación

Sr. Mosquera, Temos lido as súas declaracións ao respecto do convenio de cesión da Finca e Pazo de Montero Ríos en Lourizán á Xunta de Galicia e, aínda que non di Vde. nada significativamente diferente ao adiantado no seu día pola Presidenta da entidade provincial, temos que recoñecer que nos teñen provocado maior preocupación que…

As agresións ao patrimonio arqueolóxico de san Xulián suman novas críticas

Xa son catro as entidades que nas últimas semanas amosaron a súa preocupación polas agresións ao patrimonio catalogado existente no monte veciñal da parroquia de San Xulián. A Xunta de Galicia, o Concello de Marín e o Seprona recibiron distintos escritos asinados pola Irmandade Illa de Tambo, a asociación cultural A Forneiriña, o colectivo ecoloxista…

Roga e albaroque ambiental en Lousame

O sábado 28 de xaneiro botámonos ao monte. A proposta é facermos unha roga, un traballo colectivo nos terreos da comunidade de montes de Froxán, en Lousame. A tarefa será limpar o terreo de especies invasoras, entre elas brotes de eucalipto, para deixar espazo a outras propias como os carballos novos que están a medrar….

Encontros Naturalistas, xaneiro 2017: Picafollas

O vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 20h comezamos as actividades de divulgación 2017 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos coa compañía de Damián Romay e Daniel Monteagudo, recoñecidos ornitólogos e compañeiros de Hábitat que virán a falarnos das diferentes subespecies de picafollas que se atopan en Galicia, aprendendo a recoñecelas e diferencialas….

ADENCO denuncia ante Patrimonio novas actuacións que afectan á área de protección integral do Castro da Croa

O Grupo Ecoloxista ADENCO ten denunciado perante Patrimonio novas actuacións no Castro da Croa, ben arqueolóxico localizado na aldea de Ribadetea no Concello de Ponteareas. Este importante Castro, tristemente coñecido pola destrución dun parapeto defensivo que motivou á apertura dun expediente sancionador ao Concello de Ponteareas, volta a ser noticia por novas actuacións que afectan…

A edición de outono de CERNA, xa está na rede!

ADEGA publica a edición de outono da revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA. O número 76 de CERNA recolle máis dunha ducia de artigos relativos a temas como residuos, contaminación, auga e ríos, incendios forestais, protección animal, conservación e enerxía, alén das súas seccións habituais de recursos, flora e fauna ou especies en…