Xornada de voluntariado ambiental para a recollida de sementes de plantas dunares

Xornada de recollida de sementes , para posterior restauración dunar no marco dun proxecto para creación de cinco microrreservas de flora no concello de Fisterra. O Concello de Fisterra ven de recibir unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na…

Aumenta a contaminación das grandes industrias galegas segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR)

Un artigo de Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación atmosférica e ex-presidente de ADEGA Este pasado día 15 de novembro publicáronse os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR-España) das emisións correspondentes ao ano 2015 de substancias contaminantes por parte das principais industrias e outras fontes puntuais e difusas….

Carta aberta ao Vicepresidente da Xunta sobre ELNOSA

Prezado Sr., temos lido as súas declaracións ao respecto da permanencia de ELNOSA en Lourizán, unhas declaracións que, sinceramente, parécennos lamentábeis. E non dubidamos en cualificalas deste xeito porque Vde., despois de admitir que a consolidación definitiva de ELNOSA en Lourizán depende da Xunta e do Concello, pretende pasar por riba das competencias municipais, un…

Xornadas de sustentabilidade na UDC

Coma cada Nadal, e xa van sete edicións, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza as xornadas de sustentabilidade. desta volta, o lugar escollido será a Facultade de Dereito e o día o 1 de decembro. Ano tras ano, propoñemos diferentes obradoiros, coloquios ou exposicións e damos a coñecer diferentes entidades ecoloxistas e ambientalistas…

Alegacións da APDR contra a concesión de autorización ao emisario de Lorizán

O pasado día 15 de novembro, a APDR presentou alegacións á solicitude de autorización de vertido ao través do emisario submarino existente en Lourizán, solicitude cursada por Augas de Galicia e coa que se pretende dar cumprimento á obriga contraída coa Subdirección General de Dominio Público Marítimo Terrestre tras a declaración da caducidade da concesión…

Crónica da V limpeza de praias e lagoas litorais

Durante a pasada fin de semana (25 e 26 de novembro),  dous colexos e varias entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e lagoas litorais, denunciando así a problemática ambiental do lixo mariño na V Limpeza Simultánea de praias e lagoas litorais. Desta volta, a pesares de ser…

Non colabores coa destrución da ría e do monte ¡Ence Fóra xa!

Nos últimos meses, e logo da infame prórroga de 60 anos a Ence ditada polo goberno en funcións do PP, a empresa pasteira/enerxética e o seu brazo político na Xunta estiveron anunciándonos un mal chamado “pacto ambiental” co que Ence só pretende seguir mercando vontades e calando conciencias en troca dalgún diñeiro (insignificante se temos…

A APDR resposta a Jacobo Moreira

Vimos de coñecer as declaracións do portavoz do PP no Concello de Pontevedra sobre o papel que debe xogar o goberno municipal capitalino (e o de Poio) no reparto das esmolas que ENCE di vai aportar aos colectivos sociais da comarca e, sinceramente, non saímos do noso asombro. No seu afán por defender a ENCE,…