A última edición da Revista CERNA está marcada de novo pola reivindicación social e ecoloxista ante os actuais proxectos de agresión ao noso territorio. A vaga eólica segue a centrar boa parte dos contidos da publicación de medio ambiente e ecoloxía de Galiza, ofrecendo un segundo especial sobre a esta cuestión. Nesta ocasión, dous colectivos afectados ben distantes xeograficamente entre…
Autor: Federacion Ecoloxista Galega
O Proxecto “Vémonos no Monte” combatirá especies invasoras a ambos lados da Raia
Trátase dun proxecto de formación e voluntariado ambiental con entidades galegas e portuguesas, financiado polo programa europeo Erasmus+ A finais deste mes as voluntarias galegas partirán para a Serra da Estrela, mentres que no fin do verán serán as de Portugal as que veñan intervir en terras galegas Este mes estréase na Serra da Estrela…
O Aquelarre de Senda Nova xunta a 200 persoas para denunciar eólicas e zahorra
Máis de 200 meigas voltaron ao Monte Neme para ateigar a Eira das Meigas de reivindicación a prol dos valores ecolóxicos, culturais e sociais. Abriron os actos Xan M Fraga e Xan X. Fernández. Os historiadores afondaron nos valores culturais do Monte Neme, facendo un percorrido polo patrimonio inmaterial dun espazo degradado e maltratado ao longo…
(APDR) Estivemos de Marcha contra Celulosas 2022, ENCE XA É PASADO
Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e na comarca enteira, empezouse unha carreira de destrución ambiental, económica e social que hoxe é máis que evidente. Aquela inaceptábel decisión levou, de forma progresiva, lenta e desapiadada, á perda do futuro da nosa Ría. Pero hoxe,…
Eu Quero Razo – Baldaio (campaña 2022)
Un ano máis, o Concello de Carballo lanza o programa Eu Quero Razo – Baldaio para continuar co obxectivo de crear hábitos de turismo consciente na contorna litoral, fomentar a participación cidadá e acadar a valorización deste espazo natural protexido. Nesta campaña 2022, ademais do G.N. Hábitat, Senda Nova e ADEGA, o proxecto conta agora coa participación doutras entidades compañeiras, como son a Coordinadora…
O fracaso de SOGAMA coloca a Galiza terceira pola cola en reciclaxe de residuos no Estado
Liderada a xestión de residuos pola Xunta e SOGAMA, Galiza atópase á cola en recollida separada e reciclaxe no Estado, incumprindo actualmente os obxectivos da lexislación para 2020, segundo os datos do MITECO, e sen perspectivas de mellora nin de poder cumprir cos obxectivos para 2025 ou 2030. De forma anacrónica, a maior parte dos investimentos recentes da Xunta destináronse a…
Verdegaia presenta Alegacións contra novas ilegalidades na mina de San Finx
A empresa Tungsten San Finx SL, propietaria da Mina de San Finx, pretende novamente conseguir autorización para obras e actuacións ilegais. A empresa presenta recurso de alzada frente á resolución que lle obrigan a restituir a legalidade frente a obras realizadas na mina, principalmente a construción de un portón que pecha un camiño propiedade da…
G.N Hábitat participa no III Bioblitz do Courel
O próximo fin de semana, 18 e 19 de xuño do 2022, participaremos no III Bioblitz do Courel xunto coa Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e Sociedade Micolóxica Lucus. Durante estes dous días faremos unha prospección intensiva da biodiversidade no Courel coa participación de tanto naturalistas profesionais como de afeccionados, asesorados por expertos de campo, co fin de…
O Proxecto Ríos chega á maioría de idade
O presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), Roi Cuba e as conselleiras de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron o convenio para o ano 2022 por vía electrónica. A sinatura da continuidade á cooperación para promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais…
Vaipolorío denuncia unha nova vertedura de residuos no ENIL do río Gafos
Nesta mañá membros de Vaipolorío puxeron en coñecemento do 112 un novo vertido na vía de servicio que discurre paralea ao tren e ao río Tomeza (Gafos) declarado ENIL – Espacio Natural de Interés Local. Non é primeira vez que utilizan este espacio para “ desfacerse” de diversos materias. Anexamos fotos na que se pode…
A APDR presenta a nova MARCHA CONTRA CELULOSAS: DOMINGO 19 DE XUÑO ás 12h
Hoxe presentamos na Peregrina a nova… … MARCHA CONTRA CELULOSA o vindeiro DOMINGO 19 DE XUÑO ÁS 12H, SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA. ENCE XA É PASADO … CUMPRE AGORA LOITAR POR RECUPERARMOS O FUTURO! Cando en 1958, o goberno franquista autorizaba a instalación da celulosa en Lourizán, na Ría de Pontevedra, e…
Froxán: Tombamos eucaliptos o 12 de xuño
O domingo 12 de xuño faremos a última das rogas para eliminar os eucaliptos da Área Conservada do Portelo da Devesa, que custodia Montescola en Froxán (Lousame). Con esta intervención acabaremos de eliminar eucaliptos da zona de 6.000 metros cuadrados nas que as Brigadas veñen intervindo desde 2020. A roga comezará ás 09:30 da mañá e teremos como punto de encontro o Chán de…