IX certame de debuxo da natureza “Vida silvestre no encoro de Cecebre”

Chegamos xa á 9ª convocatoria, o Grupo Naturalista Hábitat, da man da Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa) e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, comprácese en organizar o IX CERTAME DE DEBUXO DA NATUREZA “Vida silvestre do encoro de Cecebre”. Este ano, baixo o título “A vida a rentes…

A conservación do lobo, en risco pola avalancha de proxectos eólicos

ADEGA vén de trasladar ao Ministerio as súas propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos científicos e obxectivos pretenden contribuir a mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é xa irreversíbel. Unha poboación de lobo estancada dende hai 30…

O Plano Hidrolóxico da Xunta non dá resposta aos retos do cambio climático

ADEGA vén de facer achegas ao plano hidrolóxico Galiza-Costa (PHGC) para as bacías que xestiona a Xunta. O documento está lonxe de dar resposta aos efectos da mudanza climática e á blindaxe dos nosos ecosistemas humidos para manter os servizos que estes prestan á sociedade. Ausencia dun Plano de Resiliencia: preparármonos para amortecer os impactos…

ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas

O Grupo Ecoloxista ADENCO organiza unha nova edición das Xeiras Micolóxicas, unha actividade didáctica en torno ao mundo dos cogomelos, que se ven realizando en Mondariz Balneario desde 1990 e que este ano, logo da pandemia, chegan á súa XXXI edición. As actividades micolóxicas que se proxectan son roteiros micolóxicos pola vila e unha exposición…

Aberto o prazo de inscripción para a X promoción da escola de Naturalistas

Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a X promoción da nosa Escola de Naturalistas! Escola de Naturalistas é unha actividade organizada polo G.N.Hábitat dende fai anos, única no ámbito da formación ambiental en Galicia, dirixida ao aprendizaxe e identificación dos elementos que compoñen a biodiversidade Galega. Nela, ao longo dos…

Novembro Brigadista: sábado 20 en Lentille e domingo 28 en Froxán

En novembro, brigada dobre: o sábado día 20 en Lentille (O Ribeiro) e o domingo día 28 en Froxán (Lousame). Ambas imperdíbeis! Vémonos no monte! LENTILLE, 20N #BrigadasDesacaciadoras A Asociación Veciñal de Lentille ven de convocar de novo as Brigadas (Desacaciadoras, neste caso) para colaborar no esforzo contínuo por facer recuar a masa de mimosas do perímetro da aldea e reforestar con…

(APDR) Sobre as valoracións interesadas de Rafael Domínguez

Temos visto na APDR a valoración que fai Rafael Domínguez, presidente do PP en Pontevedra, ao respecto do Informe sobre as posibilidades de adscribir á Autoridade Portuaria os terreos de dominio público que hoxe ocupa ENCE en Lourizán. Trátase do Informe solicitado polo Presidente Feijóo na procura dun xeito de burlar a Lei de Costas…